Incendios Forestales















Los incendios forestales pueden constituir una amenaza para el desarrollo rural, además de comprometer la sustentabilidad económica y social de Galicia.
La política de defensa del medio rural contra los incendios, por su  vital importancia para la Comunidad Autonómica, no puede ser implementada de manera aislada, sino integrándose en un contexto más amplio de planificación del territorio y de desarrollo rural, comprometiendo a todas las administraciones, las personas propietarias de terrenos forestales, los labradores y labradoras, las comunidades de montes vecinales en man común,  la sociedad del medio rural y en general al conjunto de la ciudadanía.


Fuente: Medio Rural Xunta de Galicia



PLAN PILOTO DE DEFENSA INTEGRAL
CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
DO CONCELLO DE CERDEDO


























O obxectivo fundamental deste plan piloto, que con actuacións preventivas xunto ca ordenación do terreo forestal e de extinción , foi a diminución do Risco de Incendio, así como a diminución do número de lumes e da superficie queimada no concello de Cerdedo e nos seus arredores.


OBXECTIVOS

Os obxectivos globais que se pretenden acadar coa redacción do programa de valorización integral son:

  • Diminución do Risco de Incendio así como a diminución do número de lumes e da superficie queimada no concello de Cerdedo.
  • Optimización do aproveitamento dos distintos recursos e servizos que proporciona o monte obxecto de estudo.
  •  Regular e ordenar dalgún xeito os aproveitamentos forestais que nos proporciona dito monte.
  • Conservar e fomentar os recursos forestais e valores ambientais e sociais que posúe o monte.
  • Difundilos coñecementos e tecnoloxías axeitadas para a implantación de niveis crecentes de xestión produtiva,e multifuncional e sustentable do monte. Así como coñecementos e tecnoloxías para accións preventivas e de extinción contra incendios forestais.

Forestalmente falando, sempre houbo un inimigo que nos veu acompañando historicamente, que se presentou con maior ou menor virulencia ao longo destes últimos anos e que significa o gran freo a tódalas iniciativas dinamizadoras levadas a cabo, e que en moitos casos significou, significa e significará a volta ao mesmo punto de partida, no caso de non poñerlle atallo. O inimigo do que estamos a falar son os INCENDIOS FORESTAIS, inducidos por unha ausencia de ORDEACIÓN FORESTAL coa que están en grande medida relacionados.

Este gran inimigo chamado LUME, pódese combater con dúas liñas de actuación fundamentais:

  • Prevención, que pasa obrigatoriamente pola ordenación e valorización do medio, xa que o que produce e interesa conservar raramente arde. Esta ten efectos máis duradeiros e efectivos a longo prazo, aínda que leva asociada una posta en marcha máis lenta, laboriosa e complexa.
  • Extinción, necesaria no noso entorno e vale como primeira barreira ao freo dos lumes mentres se poñen en marcha os distintos proxectos de desenvolvemento, verdadeiras formas de prevención de incendios.

O promotor deste proxecto quixo incidir no carácter preventivo mencionado anteriormente coa posta en marcha de distintas actuacións piloto que contan co apoio social, tanto de comunidades de montes como de propietarios particulares dos terreos, etc.

O obxectivo fundamental deste plan piloto, que se conseguirá con actuacións preventivas xunto ca ordenación do terreo forestal e de extinción é a diminución do Risco de Incendio, así como a diminución do número de lumes e da superficie queimada no concello de Cerdedo e nos seus arredores.


  Plano Actuacións do Plan Piloto
Contra Incendios Forestais de Cerdedo







Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera