O Pladiga 2011 mantén os medios humanos e materiais e incorpora melloras organizativas e técnicas na loita contra o lume
MEMORIA ANEXOS MAPAS O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia de 2011 foi presentado polo conselleiro do Medio Rural e o director xeral de Montes, e será avaliado o vindeiro luns polo Consello Forestal, antes de ser sometido ao Consello da Xunta. O seu obxectivo xeral é reducir ao mínimo posible os danos ecolóxicos, económicos e sociais producidos polos lumes forestais na nosa Comunidade.Está prevista a mobilización de 6.052 persoas en tempada de máximo risco e o emprego de preto de 40 medios aéreos e uns 300 en terra. Como novidades deste ano salientan o emprego de avións lixeiros para tarefas de coordinación, a mellora do Índice de Risco Diario de Incendio (Irdi), o levantamento con GPS do perímetro de todos os lumes e a utilización, en probas, dun novo aditivo para mellorar a eficacia da auga na extinción. O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, presentaron hoxe en rolda de pren