O ISSGA lanza un programa específico de prevención de riscos laborais para o sector forestal galego



A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, presentou hoxe en Lugo esta iniciativa dirixida a reducir a sinistralidade laboral do sector
  • Este programa levarase a cabo en colaboración con entidades relacionadas co sector, tales como asociacións, sindicatos especializados ou a Escola Politécnica de Lugo
  • A creación deste programa específico xustifícase pola súa importancia económica e social, e tamén polas taxas de sinistralidade rexistradas
  • Entre as medidas inclúe as visitas dos técnicos do ISSGA a empresas para prestarlles asesoramento técnico

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) desenvolverá este ano un programa específico de prevención de riscos laborais para o sector forestal, no marco do Plan de Actividades do Instituto para 2012.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, presentou hoxe en Lugo esta iniciativa dirixida a reducir a sinistralidade laboral do sector. Este programa levarase a cabo en colaboración con entidades relacionadas co mesmo, tales como asociacións, sindicatos especializados ou a Escola Politécnica de Lugo, e contará con catro eixos: actuacións de loita contra a sinistralidade no sector; accións informativas e formativas; xornadas técnicas; e formación de docentes do sector agrario, no marco dun acordo de colaboración coa Consellería de Medio Rural e Mar.

As actuacións de loita contra a sinistralidade centraranse en visitas dos técnicos do ISSGA a empresas do sector para prestarlles asesoramento técnico, que pode ser solicitado voluntariamente polas empresas e permitirá, ademais de determinar a tipoloxía dos accidentes máis frecuentes e as súas causas, manter contacto coas asociacións e empresas para facer un seguimento continuo, e elaborar un cuestionario de actuación para o persoal técnico do ISSGA para protocolizar o procedemento das devanditas actuacións técnicas.

Durante o ano 2012 realizaranse accións informativas sobre os riscos máis frecuentes da actividade forestal, por exemplo, a actividade da tala, que vén de ser unha das que maiores índices de sinistralidade presenta. Estas accións informativas poden estenderse a outras actividades do sector, como por exemplo ao uso da motoserra, outras tarefas dentro das actividades forestais, a maquinaria utilizada ou ao emprego de produtos fitosanitarios, entre outras.

O terceiro eixo consiste na realización de xornadas técnicas de prevención de riscos laborais no sector forestal nos centros do ISSGA. Neste senso, están programadas dúas xornadas dedicadas á prevención e seguridade no sector forestal nas provincias da Coruña e Lugo para o primeiro semestre deste ano 2012.

Por último, durante 2011 elaboráronse contidos específicos en actividades formativas para docentes no marco do acordo de colaboración subscrito coa Consellería do Medio Rural e Mar e os sindicatos agrarios e, deste xeito, realizáronse cursos de prevención de riscos laborais específicos do sector agrario.En 2012 trátase de ampliar esta formación aos docentes dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da devandita Consellería de Medio Rural e Mar que ofertan formación forestal.

Alto índice de gravidade
Quinzá-Torroja indicou que “a diversidade de tarefas que comprenden os traballos forestais e as condicións nas que se desenvolve esta actividade, tales como a dispersión e afastamento das explotacións provocan que este sexa un sector no que se detectan accidentes de gravidade”.Asemade das características dos lugares e organizativas,contémplanse outros factores como o uso de maquinaria diversa con ruído e vibracións, como a motosierra; a utilización de praguicidas e outros agroquímicos, ou riscos ergonómicos propios das tarefas forestais.

A creación deste programa específico para o sector forestal xustifícase pola súa importancia económica e social, e tamén polas taxas de sinistralidade que se rexistran. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera