A Xunta regulará por primeira vez a recollida de cogomelos e cortiza nun decreto sobre aproveitamentos forestais, que tamén inclúe un sistema de certificación para avalar a orixe e legalidade da madeira
O presidente da Xunta, na rolda de prensa tras o Consello Santiago, 9 de xaneiro de 2014.- O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, en rolda de prensa, que a Xunta regulará por primeira vez a recollida de cogomelos e cortiza nun decreto sobre aproveitamentos forestais, que tamén inclúe un sistema de certificación para avalar a orixe e legalidade da madeira. O texto, que foi analizado no Consello da Xunta e que será remitido de forma inmediata ao Consello Consultivo, desenvolve parte da Lei de Montes e establece tres obxectivos fundamentais: dar maior seguridade xurídica aos aproveitamentos forestais en Galicia; fomentar a multifuncionalidade do monte, coa regulación dos múltiples aproveitamentos que o monte ten; e ordenar o sector forestal, cun rexistro, o primeiro, de todo o conxunto de cooperativas, empresas e industrias que compoñen o sector forestal de Galicia. Con este tr