PRL na actividade forestal: alertas ISSGA
Hoxe presentáronse no marco dunha xornada técnica no Centro Issga de Lugo diversos documentos técnicos elaborados polo ISSGA en relación coa prevención de riscos laborais na actividade forestal. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe en Lugo nunha xornada organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) sobre prevención de riscos laborais no sector forestal na que presentou as actuacións que está levando a cabo a Xunta neste ámbito. Na xornada tamén participou o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), José Ignacio Lema Piñeiro. Así, indicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do ISSGA, vén de activar a aplicación móbil Alerta ISSGA na que se recollen as principias recomendacións a seguir para acadar neste eido un traballo máis seguro e, polo tanto, de máis calidade e máis competitivo. Trátase dunha