Como frear a invasión de mimosas e acacias?
As mimosas son grandes colonizadoras de zonas queimadas Un estudo das Universidades de Vigo e Coimbra analiza medidas de control da especie, que se caracteriza por unha veloz expansión en áreas queimadas. Conclúen que a conservación da matogueira natural constitúe unha barreira eficaz As mimosas ( Acacia dealbata ) e outras árbores do xénero acacia caracterízanse pola súa capacidade invasiva. A súa expansión constitúe un problema serio en determinadas comarcas de Galicia e do Norte de Portugal, como a zona do Avia e do Arenteiro, en Ourense, ou o Parque Nacional Peneda Gerés, onde se calcula que as acacias xa coparon máis de 1.000 hectáreas, en boa medida axudadas pola proliferación de lumes. A propagación da especie estase dando de forma considerable tanto en espazos perturbados como en zonas periurbanas, proximidades das vías de comunicación, como estradas ou vías férreas, e en plantacións forestais de eucalipto e piñeiro. Un estudo das Universidades de Vigo e Coimbra