Revisión do Plan Forestal de Galicia




Tras máis de 20 anos, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia  desenvolveu nos seus artigos 72 e 73 as pautas para a elaboración ou revisión dun novo Plan Forestal de Galicia.


O Consello Forestal de Galicia acordou no ano 2014 crear un grupo de traballo. Este grupo nacía para dar resposta á demanda da sociedade galega á fin de que se acordase o modelo de monte que se desexa para Galicia no futuro e dito modelo servise de guía na elaboración da revisión do Plan Forestal de Galicia.

A metodoloxía empregada tivo como principal obxecto establecer as ditas directrices de revisión a través dun proceso participativo, cun enfoque integrado de monte e de forma consensuada por todos os axentes relacionados co monte. Debían ser eles os que finalmente presentasen ao Consello Forestal de Galicia as directrices elaboradas, debendo ditas directrices servir de guía á Xunta de Galicia na redacción da revisión do Plan Forestal para Galicia.

En decembro de 2015 o grupo de traballo finalizaba o seu traballo e:

  • Aprobaba o texto das Directricespor consenso coaabstención do representante de Amigos da terrae concluíndose que estedocumento debe considerarse como o resultado dolabor do grupo de traballo noseu conxunto.
  • Acordaba unha serie de recomendacións á Xunta de Galicia para a redacción da revisión do Plan.
  • Finalmente, na súa última xuntanza, aceptábase a proposta de que a documentación elaborada no grupo de traballo (composición do grupo de traballo, normas de funcionamento do grupo, documento de directrices, recomendacións á Xunta de Galicia para ter en conta na redacción do Plan, as actas de traballo, informes-resumo da contestación dos bloques das enquisas dadas polos compoñentes do grupo de traballo..) se fixeran públicas en formato aberto e totalmente dispoñibles por calquera cidadán,á fin de dotar o traballo e resultados do grupo da máxima transparenza e difusión.
En cumprimento de dito acordo, se presenta a seguinte documentación:
  1. Composición do grupo de traballo para a elaboración das Directrices que servirán para revisión do Plan Forestal de Galicia (278 Kb)
  2. Normas aprobadas de organización e funcionamento do grupo de traballo (443 Kb)
  3. Informe gráfico dos resultados da enquisa respostada polo grupo de traballo (9.3 Mb)
  4. Actas aprobadas de todas as xuntanzas do grupo de traballo (700Kb)
  5. Proposta final de Directrices para a revisión do Plan Forestal de Galicia (14 Mb)
  6. Recomendacións á Xunta de Galicia para a revisión do Plan Forestal De Galicia (190Kb)


1ª Revisión do Plan Forestal de Galicia

Versión en galego
Versión en castellano
Fonte: http://mediorural.xunta.gal

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera