Galicia conta co seu primeiro anuario de estatística forestal con datos sobre este sector actualizados a 2018
Trátase do primeiro compendio publicado na nosa comunidade que contén exclusivamente datos estatísticos forestais. A elaboración deste anuario responde ao establecido pola normativa, xa que a propia Lei de montes de Galicia dedica un artigo enteiramente á estatística forestal. O grupo de traballo para a revisión do Plan Forestal de Galicia, creado no seo do Consello Forestal, estableceu unhas directrices ao respecto da importancia de dispor de estatísticas e información fiable e actualizada sobre a realidade do monte galego. O Anuario inclúe información completa e detallada sobre a estrutura da propiedade forestal, así como sobre a ordenación e xestión forestal, repoboacións, tratamentos silvícolas, loita biolóxica contra diferentes doenzas e pragas e producións forestais . Galicia conta xa co seu primeiro Anuario de Estatística Forestal, con datos actualizados a 2018, editado pola Xunta a través da Consellería do Medio Rural. O director xeral de Planificación e Or