Plantación e coidados do souto para a produción de castaña
Souto de Castiñeiros de 15 anos./Imaxe: Centro de Investigación Forestal de Lourizán |
Entre novembro e finais de febreiro chega a época idónea para a plantación de castiñeiros. Repasamos as recomendacións a ter en conta en aspectos como a elección do lugar, a preparación do terreo, a plantación, os primeiros coidados e as podas.
Todos os consellos están extraídos da ‘Guía de cultivo de castiñeiro para a produción de castaña’, editada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Xunta. Os autores das recomendacións que sintetizamos son Hugo Rodríguez, Manuel López, Francisco Otero e Josefa Fernández.
Todos os consellos están extraídos da ‘Guía de cultivo de castiñeiro para a produción de castaña’, editada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Xunta. Os autores das recomendacións que sintetizamos son Hugo Rodríguez, Manuel López, Francisco Otero e Josefa Fernández.
A elección do sitio de plantación
Hai catro aspectos que condicionan a plantación dun souto: as características de clima e do chan, a disponibilidade de auga, a protección contra animais coma os cérvidos e as posibilidades de mecanización.
En canto ó clima, no norte de Galicia os soutos adoitan non superar os 600 metros de altitude pola falta de calor, en tanto no sureste de Ourense poden chegar ós 1.100 metros. En xeral, aconséllase evitar a exposición do castiñeiro cara o sur pola excesiva insolación que recibiría a árbore. O castiñeiro é unha especie de media sombra. En zonas de poucas chuvias, aconséllase unha orientación norte ou nordeste. Tampouco son recomendables as zonas ventosas. Débese escollera a a variedade tendo en conta as condicións climáticas.
En canto ó clima, no norte de Galicia os soutos adoitan non superar os 600 metros de altitude pola falta de calor, en tanto no sureste de Ourense poden chegar ós 1.100 metros. En xeral, aconséllase evitar a exposición do castiñeiro cara o sur pola excesiva insolación que recibiría a árbore. O castiñeiro é unha especie de media sombra. En zonas de poucas chuvias, aconséllase unha orientación norte ou nordeste. Tampouco son recomendables as zonas ventosas. Débese escollera a a variedade tendo en conta as condicións climáticas.
O castiñeiro prefire un solo ácido, profundo e ben drenado, xa que a árbore aguanta mal os encharcamentos. Aconséllase unha análise da calidade química do solo para valorar as súas características. Entre os máis axeitados para as plantacións, figuran os chans ricos en materia orgánica e cun contido equilibrado de nitróxeno. En Galicia, os solos forestais con presenza de toxo ou outras leguminosas, como as xestas de gran porte, manteñen niveis óptimos de nitróxeno de forma natural, xa que son especies fixadoras do nitróxeno do aire.Fentos e silvas tamén son indicadores de solos de calidade.
Preparación do terreo e plantación
Os sistemas habituais de roza mecánica son a trituración (con cadeas ou martelos) e a labra posterior para soterrar os restos da roza ou tras actuacións de fertilización.
A preparación do terreo ten como finalidade facilitar a penetración das raíces no chan, polo que as labores deberán ser o máis fondas posibles. Por iso, cando sexa posible, optarase tras a roza por facer un subsolado, preferiblemente cruzado conformando mallas de 10×10 ou 12×12, en función de cal sexa o marco de plantación escollido. Os buratos para as árbores deben ser profundos, de entre 0,5 e 1 metro, tamén cun metro de diámetro.
O marco de plantación dependerá de factores como a calidade do terreo, o clima e o vigor da variedade escollida. Canto mellor sexan as condicións, maior debe ser o espazamento entre as plantas. En Galicia, aconséllanse densidades de entre 69 e 100 plantas por hectárea, que se corresponden con marcos de 12×12 metros e 10×10 metros. Con estas separacións, recoméndase a poda tipo vaso, que se realiza en anos consecutivos ata os 5 anos e en anos alternos ata os 15.
En novos soutos de produción intensiva en Francia ou Portugal, dotados de rega por goteo, estanse facendo plantacións máis intensivas, podadas en eixe central e dotadas de marcos de 7×7, 6×6, 8×5 ou 7×4 metros ata os 14-15 anos, cun posible clareo posterior; condicións que non se consideran as máis axeitadas, en valoración dos autores da ‘Guía de cultivo de castiñeiro para a produción de castaña’ editada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
A disposición do marco pode facerse en cadrados, cunha distribución perpendicular de filas e columnas, ou a modo de triángulos equiláteros ou isósceles. En canto á elección das variedades, aconséllase realizar a plantación con plantas enxertadas e dispoñer entre un 10-20 % de árbores polinizadoras na plantación. As variedades que se empreguen deben ser produtivas, de calidade comercial contrastada e considerando factores como a resistencia ó mal da tinta, a adaptación á zona ou o destino da castaña.
A mellor época de plantación é cando as plantas están en parada vexetativa, sen follas e sen agromos. Entre novembro e finais de febreiro, é o intre aconsellado. Débense escoller preferiblemente un día nubrado ou con choiva fina.
Precaucións básicas para plantar
– A terra debe quedar preta e pegada ás raíces. Calquera bolsa de aire pode dificultar o arraigo.
– Non se deben deixar pedras ou terróns nos buratos, xa que impiden o desenvolvemento das raíces.
– O colo da raíz debe quedar enterrada uns 5 centímetros para evitarlle danos. As raíces nunca deben quedar dobradas ou tortas.
– O talo debe quedar dereito e a planta ben suxeita, sen calcar en exceso a terra. Despois da plantación, debe regarse a planta de xeito abundante.
– Pódense botar fertilizantes no fondo do burato, pero tendo a precaución de cubrilos con terra para que as raíces non entren en contacto directo con eles.
– É convinte a protección das plantacións da fauna salvaxe (coellos, corzos) e da doméstica, como as cabras. Pódese optar por peches perimetrais de malla gandeira suxeita por postes de madeira ou por protectores individuais (elementos en forma de tubo de diferentes materiais).
– O control de maleza é importante nos primeiros anos para evitar a competencia. Unha das opcións máis empregadas é a implantación de pasteiros, sendo posible tamén optar pola labra. A rega, sobre todos nos primeiros anos, mellorará a produción.
A poda
As podas son precisas para manter unha copa coa maior superficie exposta ó sol, así como para eliminar competencia entre ramas. Nos primeiros anos da árbore, faise unha poda de formación. Con marcos amplos, como o 10×10, adóitase facer unha poda tipo vaso, en tanto que en marcos máis curtos, faise poda de eixe central.
A poda tipo vaso iníciase cando o talo ten uns 7 centímetros de diámetro na base do fuste e a primeira poda consiste en cortar a punta do castiñeiro a unha altura de 2 – 2,5 metros. As podas posteriores teñen o obxectivo de deixar tres polas principais formando entre si un ángulo duns 120º, un tipo de estrutura que minimiza a rotura de polas. Nos anos posteriores, o mantemento consistirá na poda anual das ramas chuponas e dos ramóns, buscando darlle unha forma esférica á copa. Ao chegar a árbore a adulta, realízanse limpas cada 4 anos, cortando ramas deformes, secas ou moi próximas, deixando preferiblemente as ramas con crecemento horizontal.
O sistema en eixe central, en troques, baséase en deixar un talo principal vertical forte, con ramas arredor do eixe en ángulos abertos e ben distribuídas ó longo do fuste. É útil en especial cando se quere combinar a produción de castaña coa forestal.
A época idónea para a poda é a finais do inverno ou comezo da primavera (marzo), cando o zume comeza a moverse, xa que nese momento os cortes da poda cicatrizan mellor. En árbores novas tamén se fai a poda en verde durante a época de crecemento, xa que as feridas cicatrizan mellor e dificúltase, en consecuencia, a infección por cancro do castiñeiro.
Fuente: http://www.campogalego.com
Comentarios
Publicar un comentario