Axudas para a forestación con piñeiros e frondosas caducifolias
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2020 en réxime de concorrencia competitiva.
Liñas de axudas
As axudas obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axudas para a creación de superficies forestais con especies do anexo I desta orde (coníferas).
Tipos de superficies obxecto de axuda
1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como forestal (FO), pasto con arboredo (PA) ou pasto arbustivo (PR).
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, en todo caso, e o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento.
3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
4. Non se concederá axuda sobre superficies situadas en Rede Natura 2000 con hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE.
5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar debe admitir as actuacións polas que se solicita axuda
A quen vai dirixido?
Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
Obrigas
1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da Consellería do Medio Rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.
2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.
3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.
4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do Programa de desenvolvemento rural para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.
6. Durante cinco anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de faltas e no caso de que o estado da forestación o requira:
a) Podas de formación e de calidade.
b) Fertilización cando o estado da planta o demande.
c) Mantemento das infraestruturas da forestación.
Requisitos
1. Das axudas previstas nesta orde serán beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
2. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
4. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
5. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
7. Non poderán ser beneficiarias as entidades locais
Prazo
Prazo de presentación: ABERTO
06/12/2019 - 22/01/2020
1.O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Os traballos solicitados non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 20 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.
Documentación para a presentación
1. As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible (anexo IX) na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se a presentación se realiza presencialmente, requirirase para que a persoa solicitante a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo IX) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/.
Nestes casos, o solicitante pedirá autorización/informe ao órgano competente por razón da materia, para o que achegará copia coa solicitude de axuda e autorizará expresamente a Consellería do Medio Rural a recibir copia do informe para os efectos de tramitación da solicitude. No caso de que a autorización/informe sexa desfavorable ou non se atope en poder da Subdirección Xeral de Recursos Forestais no momento en que o xefe territorial de cada provincia propoña a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.
3. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo IX, xunto co resto de anexos, se for necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude ou á súa revogación, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:
a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).
b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.
c) Datos do tipo de solicitante.
d) Autorizacións/informes dos órganos competentes indicados no número 3 (incluída a solicitude de avaliación de impacto ambiental, se for o caso) ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante os órganos competentes, reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/.
e) Tres ofertas de diferentes provedores.
4. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.
5. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/.
6. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.
Documentación necesaria para a tramitación do procedemento
1. Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude (anexo IX):
- a) Documentación xeral:
a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:
A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:
1. Poder notarial.
2. Representación legal, debendo presentar a autorización asinada e a copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.
B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):
Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.
a.2) Acreditación da propiedade:
A propiedade acreditarase no caso das CMVMC, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.
No caso de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.
No caso de Sofor, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Sofor (Rsofor).
No caso de propietarios particulares de xeito individual mediante algún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada (en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido), contrato de xestión, inscrición rexistral dos predios, certificación catastral; fichas catastrais (nominais), xustificante do pagamento do IBI, ou coa inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os que se solicita a axuda.
No caso de pro indivisos, asociacións e agrupación de propietarios legalmente constituída, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde).
No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas) mediante certificado do responsable do Rexistro de SAT e do responsable do Rexistro das Cooperativas de Galicia.
No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.
a.3) As CMVMC, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, comunidades de bens, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 9, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.
a.4) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o cartel publicitario, se for o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e indicar o seu número de rexistro.
a.5) Número de expediente dixital da adhesión aos modelos silvícolas da totalidade do monte.
a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as que se solicita a axuda e localización nos planos do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) das ditas parcelas. No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.), farase constar tamén nesta declaración responsable.
- b) Documentación específica:
b.1) As asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia presentarán o anexo X ou acordo de cesión asinado por todos os compoñentes da agrupación. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo de presentación da solicitude de axuda.
b.2) Os pro indivisos, montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens presentarán asinado o anexo XI ou acordo de compromisos e obrigas por todos os seus compoñentes, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.
b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo XIII.
- c) Documentación complementaria:
c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, co visto e prace do presidente, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.
c.2) No caso de cooperativas agrarias: certificado do responsable do rexistro, conforme se atopa inscrita e anexo V debidamente cuberto.
c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, etc.): certificado do responsable do rexistro, conforme se atopa inscrita e anexo V debidamente cuberto.
c.4) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.
2. A documentación xeral, específica e complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación xeral, específica ou complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se debe presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Malia o indicado nos parágrafos anteriores non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar no anexo IX en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
4. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
5. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
T rámites posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).
e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).
f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).
g) Se está ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
h) Se está ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoas solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
i) Se está ao día no pagamento coa Consellería de Facenda a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
j) Se está inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.
k) Se recibiua persoa solicitante axudas pola regra de minimis.
l) Concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo IX, e no XII (se for o caso), e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Fonte: Sede Electrónica Xunta
Comentarios
Publicar un comentario