Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Real Decreto 537/2020: Levantamento suspensión de prazos administrativos

Imagen
De acordo co previsto na Disposición Adicional Terceira do “Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19” , suspendéronse os prazos administrativos mentres estivese vixente o estado de alarma. O 📜 RD 537/2020 (BOE 23 de maio ) levanta a suspensión dos prazos administrativos con efectos 📅 1 de xuño de 2020. Real Decreto 537/2020, de 22 de mayo. Artigo 9

Resultados Enquisa industria forestal galega ante o COVID-19

Imagen
Resultados Enquisa realizada no mes de maio en colaboración coa Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (Universidade de Vigo) para coñecer a situación da industria forestal galega no contexto actual marcado polo COVID-19. Presentación dos resultados da enquisa Fonte:  Axencia da Industria Forestal

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 relativa á xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento de predios rústicos

Imagen
RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 relativa á xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento tanto en montes e terreos forestais, ou en predios en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas, como nos predios existentes en solo urbano, urbanizable e de núcleo rural en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio.            CADRO RESUMO ELABORACIÓN PROPIA Deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda os predios en que van levar a cabo as ditas actividades coa sua identificación catastral correspondente. Deberán levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo, incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou lugar determinado No caso que teñan contratados con terceiros a

AYUDAS ORDENACIÓN: Levantamiento de la suspensión de los plazos y la continuación con la tramitación del procedimiento

Imagen
Se acuerda el  levantamiento de la suspensión de los plazos  y la  continuación con la tramitación del procedimiento , en los términos previstos en la  Resolución de 5 de mayo de 2020 por la que se continúa el plazo de presentación de solicitudes de ayudas destinadas a la elaboración de instrumentos de ordenación o gestión forestales, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se convocan para el año 2020, y la continuación del procedimiento de concesión de las subvenciones (código de procedimiento MR462B)  publicada en el DOG nº 97 de 20 de mayo de 2020. ✅  MÁIS INFORMACIÓN:  Axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais

Publicado o decreto que regula os aproveitamentos forestais

Imagen
Medio Rural concreta a normativa definitiva das declaracións responsables e autorizacións de corta, así como as regulacións relativas a aproveitamentos de cortiza, pastos, cogomelos e resinas O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto que regulaos aproveitamentos forestais . A nova normativa, que segue a liña esperada no sector, entrará en vigor en 20 días naturais (9 de xuño). O decreto concreta as regras sobre as autorizacións e declaracións responsables de cortas de madeira, precisando que procedemento hai que seguir en cada caso. Tamén estipula as condicións para aproveitamentos de cortiza, pastos, cogomelos e resinas. Tódolos procedementos deberán tramitarse por sede electrónica . Tramitación por xanela única Naqueles aproveitamentos forestais que esixan dunha autorización, as solicitudes serán tramitadas pola Xunta a modo de autorización única, de xeito que para valorar as actuacións suxeitas a lexislacións sectoriais (Patrimonio, Augas de Galicia

O freixo, tratamentos silvícolas para a produción de madeira

Imagen
Freixo común (Fraxinus excelsior) Esta árbore é habitual en Galicia nos bosques de ribeira, onde aparece en mestura con outras especies. O seu uso en repoboacións como especie de acompañamento é interesante alí onde teña un terreo axeitado, pois trátase dunha especie cunha madeira de valor, na liña da nogueira ou da cerdeira O freixo é unha árbore autóctona típica da marxes de ribeira en Galicia. Tende a aparecer normalmente nos bosques de galería dos regueiros xunto con outras especies, como ameneiros ou abelairas, pero non forma arboredos puros de forma natural. Hai anos, téñense feito repoboacións con freixos en antigos prados de rego, aínda que esas plantacións non sempre prosperaron, xa que o freixo non tolera ben o encharcamento permanente do terreo. Folla de Fraxinus angustifolia Repasamos a continuación as posibilidades do freixo en Galicia seguindo unha guía sobre o freixo editada no seu día pola Asociación Forestal de Galicia , con Fernando Molina, presiden

Volverá ser o monte un recurso fundamental ante a crise?

Imagen
Se os prezos e o mercado axudan, no sector forestal agárdase un incremento das cortas nos vindeiros meses pola necesidade de moitas familias de botar man da madeira, ante a difícil situación económica que se aveciña O monte galego, con preto de 500.000 propietarios forestais e figuras xenuinas como as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, é un dos máis socializados de Europa. Por iso, cada vez que a situación económica se pon difícil, actúa como caixa de aforro das familias.Iso foi o que pasou durante a crise económica da última década e prevese que as cortas de madeira volvan ser unha táboa de salvación para a nova crise que vai deixar tras de si a pandemia do coronavirus. Aínda que a situación desta volta é diferente. Coa actividade parada en moitos sectores, a demanda de madeira de piñeiro atópase baixo mínimos e no eucalipto danse como posibles baixadas de prezos a curto prazo, o que non animaría a vender. Pero, en moitos casos, a necesidade é máis forte que