Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020 relativa á xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento de predios rústicos
CADRO RESUMO ELABORACIÓN PROPIA
Deberán
levar consigo unha declaración responsable que comprenda os predios en que
van levar a cabo as ditas actividades coa sua identificación catastral
correspondente.
|
Deberán
levar consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas necesarios para
desenvolver as actividades de xestión da biomasa ou, de non levalos consigo,
incluír na declaración responsable que os teñen depositados na parcela ou
lugar determinado
|
No
caso que teñan contratados con terceiros a realización de actividades de
xestión da biomasa e precisen desprazarse aos predios das que son titulares
para dirixir os traballos ou por calquera outro motivo ligado ás actividades
de xestión de biomasa que requira da súa presenza, deberá incluír na
declaración responsable os seguintes datos que permitan identificar a empresa
ou persoa física coa que acordou a execución dos traballos: nome ou razón
social, NIF, domicilio ou sede e a previsión das datas nas que se levarán a
cabo os traballos. Cando concorran estas circunstancias, non será obrigatorio
que as devanditas persoas leven consigo os apeiros, utensilios ou ferramentas
|
A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra
os incendios forestais de Galicia, constitúe o eixo normativo contra os lumes
forestais no ámbito da Comunidade Autónoma, e, moi especialmente poñendo o
acento nas medidas de prevención de incendios forestais, sendo a xestión da
biomasa, a principal destas medidas preventivas, xa que actúa sobre a carga de
combustible vexetal, procedendo a súa modificación ou a súa remoción total ou
parcial na procura de romper a continuidade horizontal e vertical da biomasa
presente nos montes e terreos forestais e, en xeral en todo o solo clasificado
como rústico; permitindo, ademais, no caso de producirse os incendios
forestais, que a súa propagación non sexa de forma incontrolada.
Así, o artigo 20 da Lei 3/2007, do 9 de abril, determina que
a xestión da biomasa existente nos terreos forestais e zonas de influencia
forestal realizarase a través de faixas, situadas en lugares estratéxicos, onde
se procede á modificación ou remoción total ou parcial desta, buscando a
aludida ruptura da continuidade horizontal e vertical da biomasa presente.
Atendendo pois a que estamos ante actuacións que forman
parte da prevención e loita contra os incendios forestais como servizo
esencial, indispensables para a protección do interese xeral e para o
funcionamento básico dos servizos esenciais, o pasado 25 de abril de 2020 este
centro operativo acordou, e a Consellería do Medio Rural publicou con data do
28 de abril de 2020, a resolución pola se aclara a continuidade da obriga de
execución da xestión da biomasa prevista no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de
abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos
termos e coas condicións estipuladas na dita resolución.
Sen prexuízo do anterior, o tempo transcorrido desde a
primeira declaración do estado de alarma, o pasado 14 de marzo; a propia
evolución da emerxencia sanitaria cunha importante redución no número de
contaxios e persoas hospitalizadas nas últimas semanas; as últimas medidas
adoptadas polo Goberno de España, entre elas unha desescalada progresiva por
actividades e territorios, tal e como dispón a Orde do Ministerio de Sanidade
SND/399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións
de ámbito nacional, establecidas trala declaración do estado de alarma en
aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade
(orde que inclúe no seu anexo as catro provincias galegas, de modo que, de
conformidade co artigo 2.1 da dita orde, a totalidade do territorio da
Comunidade Autónoma de Galicia está actualmente dentro do ámbito da fase 1 do
plan); así como a estación na que nos encontramos, en plena primavera e xa
próxima a época de perigo alto de incendios forestais, aconsellan pronunciarse neste
momento sobre outro tipo de actuacións de xestión da biomasa, limpeza, roza e
mantemento tanto en montes e terreos forestais, ou en predios en solo rústico
que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas, como nos predios
existentes en solo urbano, urbanizable e de núcleo rural.
Tomando pois en consideración o anterior, e, en particular o
Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na
Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio,
RESOLVO
1. Autorizar que as persoas titulares de montes ou terreos
forestais e de predios en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas
ou herbáceas, ou as persoas que teñan dereitos sobre estes que o habiliten para
tal fin, desenvolvan actividades de xestión da biomasa, incluíndo rozas, os
traballos de mantemento e a limpeza de restos nos devanditos terreos.
2. Autorizar que as persoas titulares dos predios, ou as
persoas que teñan dereitos sobre estes que o habiliten para tal fin,
desenvolvan actividades de xestión da biomasa, incluíndo as rozas, os traballos
de mantemento e a limpeza de restos en predios en solo urbano, de núcleo rural
e urbanizable.
3. As persoas comprendidas nos puntos 1 e 2 anteriores, que
se despracen para a realización de actividades de xestión da biomasa deberán
levar consigo unha declaración responsable que comprenda os predios en que van
levar a cabo as ditas actividades, incluíndo a identificación da parcela e a
súa referencia catastral; ademais, deberán levar consigo os apeiros, utensilios
ou ferramentas necesarios para desenvolver as actividades de xestión da biomasa
ou, de non levalos consigo, incluír na declaración responsable que os teñen
depositados na parcela ou lugar determinado. No caso de que as persoas
comprendidas nos puntos 1 e 2 anteriores teñan contratados con terceiros a
realización de actividades de xestión da biomasa e precisen desprazarse aos
predios das que son titulares para dirixir os traballos ou por calquera outro
motivo ligado ás actividades de xestión de biomasa que requira da súa presenza,
deberá incluír na declaración responsable os seguintes datos que permitan
identificar a empresa ou persoa física coa que acordou a execución dos
traballos: nome ou razón social, NIF, domicilio ou sede e a previsión das datas
nas que se levarán a cabo os traballos. Cando concorran estas circunstancias,
non será obrigatorio que as devanditas persoas leven consigo os apeiros,
utensilios ou ferramentas.
Todo o cal sen prexuízo das facultades de comprobación,
control e inspección por parte da Administración para verificar o contido da
dita declaración responsable, de conformidade co disposto no artigo 69.3 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.
Fonte: Diario Oficial de Galicia (DOGA)
Comentarios
Publicar un comentario