Potencial forestal de Galicia
O potencial forestal de Galicia a día de hoxe ninguén o pon en dúbida.Isto podemos considerar que é unha apreciación obxectiva, ata o punto de que a súa produción e a súa capacidade xeradora de riqueza e emprego para Galicia podería dobrar a actual.A gran pregunta é, por que razón non se poñen en marcha medidas que permitan alcanzar este obxectivo? Na situación económica que atravesamos debía estar como punto primeiro na axenda dos responsables políticos.
As razóns son varias, e poderiamos falar de:
- Administracións totalmente desinteresadas en contribuír á mellora da nosa sociedade, un pouco debido a formulacións do estilo "se me pagan igual tanto se me esforzo coma se non... Para que me vou esforzar? "
- Políticos máis interesados na súa carreira que en mellorar a nosa sociedade
- Propietarios forestais (non esquezamos que a propiedade forestal en Galicia é privada) apáticos e con moi pouco interese en facer absolutamente nada. Non obstante cando os montes arden todos se levan as mans á cabeza...
- Empresarios a palabra innovación é só para os que chegar á lúa, pero non implementar novas fórmulas que impulsen o sector. Iso si de forma transparente e nunha economía de libre mercado.
- Universidades e investigadores... "á súa bóla".
Por poñer un exemplo moi claro. En Galicia existen actualmente en torno a 2.600 Comunidades de Montes, as cales son as únicas explotacións directamente "viables" tecnicamente sen necesidade de ter que recorrer a fórmulas de agrupación de distinta índole, pola gran superficie de que dispoñen. Pois ben é un feito que cada unha destas sería capaz de crear directamente (teriamos que avaliar os traballos indirectos tamén) entre un e dous postos de traballo de media, non obstante, a realidade é outra.
Só algunhas se preocupan de xerar emprego, pero a maioría simplemente prefiren non explotar o recurso debidamente ou moitas mesmo non o explotar en absoluto.Falamos de crear dun plumazo quizais en torno a uns 4.000 postos de traballo, posiblemente moitos máis. E calquera que o poña en dúbida estou disposto a demostrarselo. Sen contar cos beneficios en canto a mellora do PIB, impulso ao desenvolvemento rural (de verdade!), melloras ambientais....
Xa está ben. Necesitamos todos arrimar o ombro para iso, administracións, políticos, e moi especialmente propietarios (tamén medios de comunicación); non é momento de palabras senón de feitos.
Fuente: http://www.farodevigo.es/
Comentarios
Publicar un comentario