A Xunta dá luz verde ao Proxecto de lei de montes de Galicia para sacar o máximo partido económico e social aos montes galegos


A lei implica aos propietarios públicos e privados en tarefas de prevención e en tarefas de conservación da riqueza forestal
O texto loita contra o minifundismo, incentiva as agrupacións voluntarias de parcelas forestais e propón que non se podan dividir nin segregar parcelas forestais por debaixo das 15 hectáreas
O documento establece regular os usos forestais para facer máis rendible o monte e frear o abandono do rural
A conselleira destaca que o texto que a Xunta remite agora ao Parlamento acadou un alto grao de consenso entre os axentes do sector: “Se recibiron máis de 300 alegacións a esta primeira presentación da lei e máis do 70% dos artigos sufriron modificacións”

  • O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello
    O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello 

  • O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello
    O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello 

    Autor: Ana Varela
  • O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello
    O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello 

    Autor: Ana Varela
  • O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello
    O presidente da Xunta na rolda de prensa do Consello 

    Autor: Ana Varela
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mediodía, que o Consello da Xunta deu luz verde á primeira Lei de montes de Galicia “para sacar o máximo partido económico e social” aos montes galegos. “Despois de décadas sen desenvolvemento normativo propio, hoxe estamos cumprindo o obxectivo de lexislatura de presentar o primeiro texto dunha lei de montes que entrará no Parlamento”, aseverou ao que engadiu que se trata, en definitiva, de presentar aos galegos unha proposta de ordenación “responsable e corresponsable” do monte, “que deixemos o monte mellor do que nos atopamos” e que o monte se vexa como “unha fonte de riqueza e de oportunidades” e non como unha fonte de problemas.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta explicou os tres os obxectivos básicos da lei: concienciación social da importancia do monte, loita contra o munifundismo e regulación dos usos forestais.
No tocante ao primeiro obxectivo, Feijóo resaltou que o texto incide sobre a importancia da ordenación do monte. A lei implica aos propietarios públicos e privados en tarefas de prevención e en tarefas de conservación da riqueza forestal de tal xeito que, cando se faga unha tala, unha porcentaxe dos beneficios da mesma será obrigatorio reinvestilo no propio monte para seguir repoboando.
Así mesmo, a lei pretende loitar contra o minifundismo desde un dobre mecanismo: incentivar as agrupacións voluntarias de parcelas forestais para, sen perder a propiedade, facer unha xestión conxunta e gañar todos. E, en segundo lugar, limitar a posibilidade de segregar parcelas forestais, propoñendo que non se podan dividir nin segregar parcelas forestais por debaixo das 15 hectáreas.
“Neste momento, a parcela media en Galicia son 2.000 metros cadrados e é evidente que así temos moitas dificultades para explotar unha das maiores riquezas forestais de Europa. Temos que manter unidades de produción rendibles. Iso vai en beneficio dos propietarios, en beneficio social e vai en beneficio da riqueza e dos empregos que se produzan en Galicia”, afirmou Feijóo.
Como terceiro obxectivo, o documento establece regular os usos forestais para facer máis rendible o monte e frear o abandono do rural.
Por último, o responsable do Goberno galego salientou que o novo texto terá unha repercusión ambiental, “porque os dous terzos da superficie total de Galicia é forestal”; social, “porque estamos falando de 76.000 empregos directos e indirectos”; e económica, “porque estamos a falar do 3,5% dio PIB de Galicia”.
“Galicia produce tantos aproveitamentos forestais como Italia e Bélxica xuntas e o 45% do total da masa forestal que se produce en España. Esta lei pretende facer unha regulación ampla e facer unha regulación concreta e corresponsable da utilización do monte. Vamos a intentar que esta lei: primeiro, sexa adaptada ás realidades e particularidades dos nosos montes; e, segundo, que sexa coherente coas demandas que tradicionalmente formulan os silvicultores, as empresas vinculadas aos sector forestal e a riqueza colectiva do país”, concluíu.
Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, afirmou que se trata dunha lei “importante para Galicia”, que nace para dar seguridade xurídica, estabilidade ás inversións “e, sobre todo, pretendemos –dixo- que sexa unha lei que perdure no tempo”. “Estamos a falar dunha lei que potencia os aproveitamentos forestais, que regula os usos do territorio e dunha lei que establece medidas en materia de prevención e de colaboración en materia de incendios forestais. Estamos a falar dunha lei que procura a xestión sostible e potencia os ecosistemas forestais galegos”.
Así mesmo, Rosa Quintana subliñou que o texto que a Xunta remite agora ao Parlamento acadou un alto grao de consenso entre os axentes do sector. “Se recibiron –resaltou- máis de 300 alegacións a esta primeira presentación da lei e máis do 70% dos artigos sufriron modificacións”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera