ORDE do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2013.
Establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas establecidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva.
Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.
Actividades subvencionables
1. A prevención engloba todas aquelas accións encamiñadas a eliminar ou reducir
os riscos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa
propagación.
2. As actuacións que se subvencionarán nesta liña consistirán no control
selectivo do combustible en devasas, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal
natural así como na roza de penetración, rareo e eliminación de restos das
entrefaixas de masas forestais, coa finalidade de reducir a carga de
combustible presente no monte e crear zonas con descontinuidade horizontal e
vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios
forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se
producir. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do
monte ou montes para os cales o beneficiario solicite a subvención.
3. Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito
conteñen as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e,
máis alá das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de
emerxencias, inclúen a previsión e a programación integrada das intervencións
das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais.
4. Todas as iniciativas particulares de prevención e defensa deben estar
articuladas e encadradas nos plans de prevención e defensa contra os incendios
forestais de distrito, polo tanto as actividades subvencionables incluídas
nesta liña deben estar sempre de acordo co previsto no devandito plan de
prevención.
5. Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes accións:
a) Devasas.
Consistirá na roza mecanizada do mato a feito. Non se inclúen nesta actuación
as rozas en rexenerado forestal natural nin en montes cunha fracción de cabida
cuberta arborizada igual ou superior ao 20 %. Son traballos que se encamiñan
especificamente a romper a continuidade horizontal e vertical do combustible
forestal cunha largura tal que en condicións normais deteña o lume e sirva de
apoio aos medios terrestres para que nos labores de extinción realicen o ataque
directo ou indirecto desde estas áreas, creando zonas estratéxicas co fin de
dificultar o inicio e a propagación do lume e facilitar a defensa dos montes
contra os incendios forestais.
Estas faixas terán un largo mínimo de 16 metros e a altura do mato tras a roza
non deberá superar, en xeral, os 10 cm.
No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das
debasas.
b) Faixas auxiliares de pista.
Consistirá na eliminación nas marxes de vías e camiños forestais do estrato
arbustivo e subarbustivo, ata os catro metros desde a aresta exterior da vía ou
camiño, sempre que sexa tecnicamente viable. Incluirase nesta actuación a roza
de noiros e/ou da plataforma cando sexa necesario.
A altura do mato tras a roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.
No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das
faixas auxiliares de pista.
c) Roza en rexenerado forestal natural.
Consistirá na roza mecanizada por faixas do mato con arboredo, co obxecto de
defender a masa forestal, diminuír a densidade de pés e facela viable. Esta
actuación estímase nuns 2/3 da superficie do rexenerado.
A masa forestal procederá da rexeneración natural e terá un diámetro medio que
non superará os 6 cm e unha densidade superior aos 5.000 pés/ha.
A altura do mato tras a roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.
No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da
roza en rexenerado forestal natural. Os prezos refírense a hectáreas de
actuación.
d) Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas
forestais.
Consistirá nunha roza superficial de penetración, o rareo e a posterior
eliminación dos restos acordoados en masas forestais coas características
recollidas no punto c) anterior e nas que en anos anteriores se realizasen as
actuacións recollidas nese punto. A roza superficial de penetración e o rareo
aplicaranse nas entrefaixas, estímase nun terzo da superficie mentres que no
resto da superficie, aproximadamente dous terzos, se eliminarán os restos
mediante trituración.
A densidade final que hai que acadar será de entre 1.000 e 2.000 pés/ha.
A altura do mato tras a roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.
No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da
roza, e clareo nas entrefaixas de masas forestais. Os prezos refíirense a
hectáreas de actuación.
6. As actuacións poderanse desenvolver de xeito manual, con rozadoras ou
apeiros manuais similares, se for necesario, mantendo sempre os importes e
porcentaxes máximas de subvención previstos no artigo 22.
7. A superficie mínima que se solicitará para todas as ditas actuacións será de
10 ha e a máxima de 20 ha, para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou
agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha clasificadas como MVMC e de 40 ha
como máximo, para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual
a 1.000 ha. Estes máximos poderán incrementarse ata 30 ha no primeiro caso,
sempre que polo menos se soliciten 10 ha para roza mecanizada en rexenerado
forestal natural e ata 60 ha, para o segundo caso, sempre que polo menos se
soliciten 20 ha para roza mecanizada en rexenerado forestal natural.
Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga.
Actividades subvencionables
1. Os puntos de auga integran as redes de defensa contra incendios forestais dos distritos.
2. Subvencionarase a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais, que se localizarán en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais, cunha orografía axeitada para a actuación dos medios do SPDCIF e garantindo a actuación rápida destes. A localización dos puntos de auga será coherente co disposto nos plans de prevención de distrito.
3. Os puntos de auga deberán cumprir polo menos coas seguintes premisas:
a) Permitirán a carga de vehículos motobomba do SPDCIF.
b) Levarán peche perimetral de seguridade e protección.
c) As dimensións mínimas dos puntos de auga serán as que figuran a continuación:
- Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3).
- Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3).
- Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3).
Subvencionarase un máximo dun punto de auga para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 500 ha clasificadas e de dous puntos de auga para expedientes nos cales a devandita superficie sexa maior o igual a 500 ha.
4. Ademais, o beneficiario deberá manter operativos para a prevención e defensa contra incendios forestais estas infraestruturas durante polo menos 20 anos, polo que deberá garantir:
a) Un acceso axeitado a eles dos medios do SPDCIF.
b) Un caudal continuo e suficiente.
c) Un baleirado do depósito axeitado.
d) Manterán a zona perimetral libre de vexetación arbórea e arbustiva.
5. O uso principal destas construcións estará vinculado á prevención de incendios.

Beneficiarios:
Os titulares de montes veciñais en man común así como as
súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das
circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de
Galicia. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de
incendios, ou sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme
o disposto na Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con
base no risco espacial de incendio forestal.
No caso de agrupacións deberán facerse constar os compromisos de execución
asumidos por cada membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen
personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma
na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada
membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un
deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso,
deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes
suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á
agrupación.
Son obrigas do beneficiario:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o
comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das
condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade
que determine a concesión ou o gozo da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente
ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación,
sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de
control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o
cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das
actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas,
ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a
modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.
Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo
caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos
percibidos.
e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de
concesión que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte
á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda
coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine
regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na Lei 11/2007, do 22 de
xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (BOE nº 150, do
23 de xuño).
f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos
debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e
sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados
contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das
subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de
comprobación e control.
Deberase levar un sistema de contabilidade específica Feader ou ben un código
contable adecuado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal
e como exixe o artigo 75.1.c).i) do Regulamento (CE) nº 1698/2005.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos,
incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións
de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei
9/2007, de subvencións de Galicia.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo
33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
j) Os beneficiarios deberán cumprir co disposto no artigo 58 e no anexo VI do
Regulamento (CE) nº 1974/2006 da Comisión do 15 de decembro, polo que se
establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do
Consello relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural, en relación coa información e publicidade,
en particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior
a 50.000 deberase colocar unha placa explicativa,
e cando o custo supere os 500.000 deberase
colocar un panel publicitario. En ambos os casos figurará a
descrición do proxecto, así
como a bandeira europea e o lema Feader: «Europa inviste no rural».
Requisitos:
1. A superficie forestal mínima por expediente será de
duascentas cincuenta hectáreas (250 ha). Para acadar a superficie as
comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar
unha agrupación, sempre que as CMVMC estean nunha mesma provincia e ademais
cumpran con algún destes requisitos:
Localización nun mesmo concello.
Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.
2. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC
que integren a agrupación estea localizada nalgún espazo declarado como zona de
especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto
72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de
especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril) a
superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 100 ha.
As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas
no Rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto
no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas
subvencións.
DOCUMENTACIÓN:
DOCUMENTACIÓN:
- Subvencións
para o control selectivo de combustible.
- a)
Solicitude, total e correctamente completada, segundo o anexo I. O
solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal
(presidente da CMVMC).
- b)
Fotocopia do NIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades
que a integran) ou mancomunidade.
- c)
Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme
autorizan ao solicitante para pedir subvencións á Consellería do Medio
Rural e do Mar, para a execución das accións obxecto da solicitude.
- d)
Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo III.
- e)
Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a
designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da
subvención, segundo o anexo IV.
- f)
Declaración das subvencións solicitadas, tanto das aprobadas como das
pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas
administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou
dependentes delas, ou anexo V debidamente asinado. No caso de
agrupacións, cada CMVMC integrante, deberá presentar unha declaración de
subvencións.
- g)
Dous exemplares do documento descritivo das actuacións.
- Subvencións
para a construción de puntos de auga:
- a)
Solicitude, total e correctamente completada, segundo o anexo II. O
solicitante deberá ser a CMVMC, por medio do seu representante legal
(presidente da CMVMC).
- b)
Fotocopia do NIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades
que a integran) ou mancomunidade.
- c)
Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme
autorizan o solicitante para pedir subvencións á Consellería do Medio
Rural e do Mar, para a execución das accións obxecto da solicitude.
- d)
Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo III.
- e)
Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a
designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da
subvención, segundo o anexo IV.
- f)
Declaración das subvencións solicitadas, tanto das aprobadas como das
pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas
administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou
dependentes delas, ou anexo V debidamente asinado. No caso de
agrupacións, cada CMVMC integrante, deberá presentar unha declaración de
subvencións).
- g)
Dous exemplares do documento descritivo das actuacións.
ORDE do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2013.
Comentarios
Publicar un comentario