A XUNTA CONSTRÚE UN DEPÓSITO DE AUGA DE CASE 500 M3 PARA A LOITA CONTRA OS LUMES EN FIXÓ-PARDESOA
A Consellería de Medio Rural vén de rematar a construción dun gran depósito de auga, con case 500 m3 e un investimento de 58.000 euros, na comunidade de montes de Fixó-Pardesoa. Esta gran infraestrutura, cun diámetro interior de 14 metros e unha altura de 3,20, incrementa nun 40% a capacidade de al
macenamento de auga para a loita contra os lumes forestais no noso termo municipal.
Esta nova instalación foi visitada pola alcaldesa, Belén Cachafeiro; o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís; o xefe do servizo de Incendios, Manuel Francisco; e o presidente da comunidade de montes, Julio Taboada.
Fonte: http://www.forcarei.net/
Comentarios
Publicar un comentario