O bosque que respira?
Un bosque de Sacre- Coeur, unha rexión de Quebec (Canadá) foi captado nun momento
insólito: o chan levántase ritmicamente
varias veces, como un peito que respira. Trátase da licuefacción de chan que describe o
comportamento de chans que, estando suxeitos á acción dunha forza externa
(vento), en certas circunstancias pasan dun estado sólido a un estado líquido,
ou adquiren a consistencia dun líquido pesado.
Se o vento fóra o suficientemente forte e soprase durante máis tempo,
máis raíces despegaríanse ‘’ da terra e acabarían por derrubarse algunhas
árbores”. Parece que está vivo, eh?
Comentarios
Publicar un comentario