O Parlamento vén de aprobar a lei de acompañamento dos presupostos, que establece unha serie de modificacións no medio rural en cuestións como distancias do arborado, plantacións de eucaliptos ou xestión dos montes veciñais queimados A lei de acompañamento dos presupostos da Xunta, que é utilizada cada ano para variar un sinfín de lexislacións, introducirá para o 2019 unha serie de novidades no ámbito forestal, con modificacións da Lei de Prevención de Incendios, da Lei de Montes e doutras. Resumimos a continuación algúns dos principais cambios, que entrarán en vigor o 1 de xaneiro do 2019, segundo o acordado no Parlamento. Distancias do arborado e xestión da biomasa Modifícanse, entre outras, as seguintes distancias: – Con solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable: 2 metros cando se empreguen especies frondosas caducifolias e 50 metros no resto de especies. Na lei de acompañamento dos presupostos do pasado ano establecérase a distancia das frondosas ...