ORDE do 28 de maio de 2020 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.



A Consellería do Medio Rural publica hoxe martes 2 de Xuño no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que determina que a época de perigo alto de incendios deste ano, na que concentrará o groso do dispositivo de loita contra o lume, irá desde o 1 de xullo ao 30 de setembro




O artigo 9 da Lei 3/2007 establece que a consellería con competencias en materia forestal definirá épocas de perigo alto, medio e baixo, que condicionarán a intensidade das medidas que se vaian a adoptar para a defensa do territorio de Galicia, e que establecerá as datas correspondentes á época de perigo alto.

O resultado da análise espazo - temporal, vista no apartado anterior, pon de manifesto a
existencia de dous períodos de alta actividade incendiaria claramente diferenciados:

Un fixo na época estival, que se correspondía normalmente coa campaña de incendios dos meses de xullo, agosto e setembro, pero coa evolución dos últimos anos adquire cada vez mais importancia no mes de outubro. Un variable entre os meses de marzo e abril, sen esquezer febreiro e outubro. En función do anterior establécense as distintas épocas de perigo:

  • Época de Perigo Alto:

Na que o despregue dos medios de extinción e alerta deberán ser os máximos, en función daavaliación do risco e a vulnerabilidade. A previsión actual do PLADIGA comprende con carácter xeral os meses de xullo, agosto e setembro, máis un período adicional de aproximadamente un mes, outubro como indicouse anteriormente ou en época de perigo medio, en función das condicións meteorolóxicas e de risco.
  •  Época de Perigo Medio:

Na que os medios de detección e extinción permanecerán en alerta cun despregue reducido.Aplicaranse medidas restritivas para o uso do lume en terreos forestais ou agrícolas.A época de perigo medio comprende, con carácter xeral, os meses de febreiro, marzo, abril,maio, xuño e outubro, se ben calquera destes meses pode pasar a formar parte doutra época de perigo distinta cando as circunstancias así o requiran.

  • Época de Perigo Baixo:

Aquela na que non é preciso adoptar precaucións especiais e o despregue de medios será o adecuado ao nivel de risco previsto nas diferentes zonas. Con carácter xeral comprende os meses de xaneiro, novembro e decembro. Ao igual que no caso anterior, calquera destes meses pode pasar a formar parte doutra época de perigo distinta á fixada cando as circunstancias así o requiran.



Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI)

O índice de risco diario de incendio forestal determina, para cada día, o risco de
ocorrencia dun lume forestal. Este índice está fundamentado no denominado Forest Fire Weather Index (FWI), coñecido tamén como índice canadense, que consiste na análise dos diversos factores meteorolóxicos que inflúen no comportamento do lume, tales como:

    • Condicións de seca dos últimos meses: estado de turxencia das matogueiras.
    • Condicións de seca das últimas semanas e días: estado do pasto e combustibles mortos medios e grosos.
    • Condicións actuais de humidade e temperatura: estado dos combustibles mortos finos.
    • Condicións actuais de vento: efecto da propagación do vento.


Todos estes factores permiten estimar a probable propagación e o comportamento dun lume forestal nunha zona concreta do territorio galego.

A formulación do IRDI basease nunha estratificación en 5 rangos do índice FWI expresado en valores absolutos:



Para o cálculo do IRDI diario manéxanse tres indicadores relativos á humidade do combustible e ao estado de seca, a partir dos cales se xera un conxunto de indicadores da propagación potencial do lume, da intensidade e dispoñibilidade do combustible. Os datos de entrada baséanse nas observacións diarias de temperatura, humidade relativa, velocidade do vento e a precipitación acumulada do día anterior e tamén nas predicións de esas mesmas variables para o día en curso e seguintes.

O índice reflectirase xeograficamente nunha aplicación SIX en entorno web.

Xunto con outra serie de parámetros, o IRDI emprégase para a planificación do SPDCIF. O
IRDI é de acceso público, pode ser consultado na páxina web da Xunta de Galicia Índice de risco diario de incendio forestal (IRDI) así como nas oficinas provinciais e de distrito do SPDCIF e divulgarase cunha periodicidade diaria cando o nivel do índice de risco sexa alto, moi alto ou extremo.



Fonte: Pladiga 2020

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera