Medio Rural e a Federación Galega de Caza colaborarán na defensa da superficie forestal de Galicia
Así o acordaron o director xeral de Montes e o presidente da Federación nunha xuntanza mantida esta mañá en Santiago O director xeral de Montes , Tomás Fernández-Couto de Juanas , e o presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón , mantiveron esta mañá en Santiago unha xuntanza para analizar posibles vías de colaboración na defensa da superficie forestal de Galicia. Ambos responsables coincidiron na importancia de actuar de maneira coordinada nos montes galegos para previr os incendios forestais e mellorar os hábitats a través de diversas accións, como a limpeza de camiños e desbroces. Ademais, na xuntanza o presidente da Federación Galega de Caza formulou a conveniencia de manter os criterios de aplicación da Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia que poden interferir no desenvolvemento da actividade cinexética, e que se viñan mantendo nos últimos anos. Segundo se acordou no encontro, o obxectivo é, a partir do vindeiro ano, estab