Medio Rural e a Federación Galega de Caza colaborarán na defensa da superficie forestal de Galicia

Así o acordaron o director xeral de Montes e o presidente da Federación nunha xuntanza mantida esta mañá en Santiago


O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto de Juanas, e o presidente da Federación Galega de Caza, José María Gómez Cortón, mantiveron esta mañá en Santiago unha xuntanza para analizar posibles vías de colaboración na defensa da superficie forestal de Galicia. Ambos responsables coincidiron na importancia de actuar de maneira coordinada nos montes galegos para previr os incendios forestais e mellorar os hábitats a través de diversas accións, como a limpeza de camiños e desbroces.

Ademais, na xuntanza o presidente da Federación Galega de Caza formulou a conveniencia de manter os criterios de aplicación da Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia que poden interferir no desenvolvemento da actividade cinexética, e que se viñan mantendo nos últimos anos.

Segundo se acordou no encontro, o obxectivo é, a partir do vindeiro ano, establecer liñas de acción conxuntas para potenciar a sustentabilidade dos montes galegos. Neste sentido, o director xeral manifestou a vontade da Consellería de reforzar a cooperación e coordinación con todos os axentes implicados na xestión forestal para garantir que Galicia siga sendo referente do sector.

Fuente: http://mediorural.xunta.es/

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera