Falecen dous membros dunha Brigada Antiincendios nun lume forestal en Fornelos de Montes
Os conselleiros de Presidencia e Medio Rural
encabezan o operativo de seguimento do sinistro
A Xunta de Galicia informa do falecemento, en desempeño das súas funcións, de dous membros dunha brigada anti incendios da empresa pública Seaga (Servizos Agrarios de Galicia, S.A.), mentres realizaban labores de extinción dun lume na parroquia de San Lourenzo do concello pontevedrés de Fornelos de Montes.
Descoñécense polo momento as causas concretas do falecemento, que serán investigadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Os conselleiros de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o de Medio Rural, Samuel Juárez, así como o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, permanecerán activos durante toda a noite encabezando o operativo de seguimento do sinistro. Ambos conselleiros manteñen asemade permanentemente informado ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, de canto detalle relevante se vai coñecendo.
A Xunta de Galicia desexa manifestar a súa máis fonda condolencia aos familiares, amigos e compañeiros dos falecidos, así como facerlles partícipes do agradecemento de toda a sociedade galega polo labor que realizaron e no que atoparon, para desgraza de todos, o seu pasamento
Fonte: http://mediorural.xunta.es/
Comentarios
Publicar un comentario