Publicada no DOG a orde pola que se determina a época de perigo alto de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o venres unha Orde da
Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se determina a época de perigo
alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2012 declárase o período
comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro como de perigo alto de lumes
forestais.
A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co
establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa
contra os incendios forestais de Galicia.
Esta norma establece que, en consideración aos antecedentes
e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia
das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con
competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que
condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do
territorio de Galicia.
Comentarios
Publicar un comentario