Incendio Dodro e Rianxo: Análise e situación
Plano con Datos a 27 de Marzo 2019 Ainda non rematou marzo e xa contamos dous grandes incendios forestais (GIF) , aqueles que superan as 500 héctareas afectadas. O primeiro en Souto dos Infantes (Asturias) e o segundo de Laiño- Dodro na provincia da Coruña, o primeiro na nosa comunidade deste 2019. Cronoloxia Laiño-Drodo . Comezou cara ás oito da tarde do luns 25 de marzo ,no municipio de Dodro, preto do miradoiro de Bexo e que pouco despois estendeuse á zona de Burés , en Rianxo. A orixe do lume está, de acordo á Comunidade de Monte de Montes Cruz do Avelán , nunha faísca que saltou dunha torre de alta tensión e que caeu sobre as follas secas, nas proximidades do miradoiro de Bexo , en Dodro. Aquí empezou todo... Labores de reparación da liña de alta tensión que causou o incendio que arrasou casi 900 Ha. @xurxosalgado @KarlosKoto @MaltratoPaisaxe @obaixoulla #IFLaíñoDodro pic.twitter.com/ILu7k0BYOH — Xoán Xosé (@Xoan_Xose) March 27, 2019 De seguid