Incendio Dodro e Rianxo: Análise e situación

Plano con Datos a 27 de Marzo 2019

Ainda non rematou marzo e xa contamos dous grandes incendios forestais (GIF) , aqueles que superan as 500 héctareas afectadas. O primeiro en Souto dos Infantes (Asturias) e o segundo de Laiño- Dodro   na provincia da Coruña, o primeiro na nosa comunidade deste 2019.

Cronoloxia Laiño-Drodo.

Comezou cara ás oito da tarde do luns 25 de marzo ,no municipio de Dodro, preto do miradoiro de Bexo e que pouco despois estendeuse á zona de Burés, en Rianxo.

A orixe do lume está, de acordo á Comunidade de Monte de Montes Cruz do Avelán , nunha faísca que saltou dunha torre de alta tensión e que caeu sobre as follas secas, nas proximidades do miradoiro de Bexo, en Dodro.

De seguido podemos ver un exemplo da perifosidade das chispas nas liñas electricas ⚡ en contacto con especies forestais 🌳




Esa tarde as chamas continúan estendéndose, alentadas por un vento cambiante e xa chegaron ás parroquias rianxeiras de Asados e Leiro


Na maña do martes 26, debido ao forte vento do nordés de ata 60 km/h
Durante a mañá incorporáronse ao dispositivo de extinción os medios aéreos como se pode ver no video da Brif de Laza chegando a zona na maña do martes, tan pronto como puideron actuar os medios aéros. 



A mediodia do martes 26 de marzo segundo a información de Medio Rural, e decretouse o nivel 2 pola proximidade do lume ao núcleo de Meiquiz , na parroquia rianxeira de Leiro. Ademais dos medios que xa estaban alerta, mobilizouse tamén á Unidade Militar de Emerxencias ( UME)

Hoxe mercores 27 as 13:30 xa está estabilizado,é dicir, sen ningunha fronte de chama activa🔥 despois de máis de 40 horas ardendo. Os equipos de extinción están a arrefriar a zona, pero non hai columnas de fume nin focos activos.

Desactivase a Alerta 2 Neste incendio foi preciso decretar onte a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro, e esta mañá foi desactivada. No control deste lume mobilizáronse ata o de agora 2 técnicos, 40 axentes, 40 brigadas, 28 motobombas, 5 pas, 7 helicópteros, 5 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).



ANÁLISE



A extinción veuse  complicada pola pendente e os ventos do nordes de 65km/h e dificultade de acceso. A topografía ten unha función importante na e dirección do vento xeral. 

Como resultado das diferenzas de temperatura entre o aire preto dunha ladeira e está lonxe diso, pero ao mesmo nivel, subindo e baixando ventos locais diarias ocorren correntes ascendentes de produtos durante o día, especialmente en zonas de ladeira (velocidade: entre 13 e 19 km / h) descendentes ocorren durante a noite (velocidade de 1 a 8 km / h).

Polas mesmas razóns, pero a unha escala maior que no caso das ladeiras, son os ventos de val(velocidade: ascendente polo día 16 a 32 km / h; pola noite, descendentes de 12 a 25 km / h).


Con todo iso e pendentes por encima do 30%  e orientacións Sur- Este e Sur-Oeste propagouse rapidamente  ao longo da desembocadura do rio Ulla.  A zona afectada polo  Incendio forestal  Laiño-Dodro con datos facilitados por Servizo  de Xestión de Emerxencias de  Copérnico das  derradeiras 48 horas. O Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais ( EFFIS, polas súas siglas en inglés) monitorea a actividade de incendios forestais case en tempo real e en Europa, Medio Oriente e África do Norte e apoia a xestión de incendios forestais a escala nacional e rexional onde se reflicte o área focos e  perímetro  empregando  os Sensores  MODIS  e VIIRS, ronda unha 1061 héctareas a 27 de Marzo de 2019

ACTUALIZACIÓN 28 DE MARZO: Segundo as últimas estimacións provisionais, ata que se parametrice o lume unha vez rematado, afecta unha superficie de 1.120 hectáreas, das que 900 son de monte arborado e as 220 restantes de raso.


E significativo cando menos ,  que a mesma zona xa ardeu nos incendios🔥 do 2006
E mentras seguimos falando se foron provocados ( por suposto , algo ou alguén os causa). Ao final todo se "reduce"  a que é un problema ecolóxico relacionado cos usos do monte, a política forestal ou a ordenación territorial e iso NINGUÉN o quere afrontar.

Fonte: Elaboración propia e Medio Rural

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera