Grupo de Certificación Selga Xestión Forestal Sostible
A certificación forestal é un proceso voluntario polo cal un
terceiro, independente á xestión e a través dun proceso de auditoría, certifica
que a xestión dunha determinada superficie forestal axústase aos requisitos
establecidos na normas ou estándares de certificación que correspondan. No
mundo existen varios sistemas de certificación forestal sendo os os máis
representativos son o Sistema PEFCTM e o Sistema FSC®.
O sistema de certificación forestal PEFC, na súa modalidade de grupo, baséase na certificación de unidades de xestión nas que os seus propietarios ou xestores comprometéronse, de forma activa e voluntaria, a cumprir normas de xestión forestal sostible do Sistema PEFCTM. Pola súa parte, el Forest Stewardship Council® (FSC®-C118460) desenvolveu unha serie de principios e criterios que, no caso de ser cumpridos, garanten o nivel mínimo que se pode esixir para a xestión forestal en calquera lugar do mundo.
- Promover a xestión forestal sostible, garantindo ás xeracións presentes e futuras o uso e goce dos nosos bosques;
- Elaborar os documentos e informes necesarios que permitan a avaliación dos criterios de xestión forestal sostible que non se poidan avaliar a escala de propiedade individual;
- Ofrecer a posibilidade de participar na certificación aos propietarios e xestores galegos e, en particular, aos socios da Asociación Forestal de Galicia;
- Minimizar os custos de control dos adscritos, garantindo a viabilidade económica do proceso de certificación;
- Establecer unha ferramenta de mercado que achegue a madeira ao consumidor.
Na actualidade, SELGA conta con dous certificados de xestión forestal sostible, PEFC e FSC, así como dous de cadea de custodia, tamén PEFC e FSC.
Comentarios
Publicar un comentario