SELGA-Compañía Galega de Silvicultores.
De acordo coa demanda xeneralizada dos membros da Asociación Forestal de Galicia, a
finais do ano 2002 a Asociación, co apoio do proxecto Eurosilvasur, creou a
empresa de servizos SELGA, Compañía Galega de Silvicultores, S.L., dedicada á
realización de traballos silvícolas e á prestación de servizos de enxeñería
forestal. A empresa SELGA, propiedade de todos os socios da AFG ten unha
dedicación moi especial ao comercio da madeira e ao desenvolvemento de enerxías
renovables asociadas ao monte
Realización de traballos silvícolas e prestación de servizos de enxeñería forestal.
- A xestión de montes, de particulares e veciñais, e a supervisión e dirección dos traballos nos montes por encargo dos socios.
- A elaboración de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes.
- A certificación forestal a través de SELGA Xestión Forestal Sostible que prepara e xestiona a obtención da certificación da xestión forestal baixo os dous sistemas internacionais: PEFC e FSC.
- A elaboración de proxectos técnicos forestais: repoboacións, tratamentos silvícolas e construción de infraestruturas forestais.
- A restauración e recuperación de montes e ecosistemas forestais naturais.
- A elaboración de planos de terreos e cartografía de montes.
- A execución de traballos forestais: plantacións, forestación de terras agrarias, aplicación de tratamentos contra pragas e enfermidades forestais e realización de podas e rareos.
- A comercialización de madeira: xestión de vendas e organización de poxas.
- O desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables
Comentarios
Publicar un comentario