O Comité Policial Antiincendios traballou na determinación das parroquias con alto risco de lumes forestais
Neste órgano participan representantes da Xunta, da Delegación do Goberno, da Fiscalía de Medio Ambiente e dos corpos e forzas de seguridade que operan en Galicia O Comité Policial Antiincendios, composto por representantes da Xunta, da Delegación do Goberno, da Fiscalía de Medio Ambiente e dos corpos e forzas de seguridade que operan en Galicia, mantivo esta tarde en Santiago unha xuntanza de traballo coordinada polo director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas, coa asistencia do director xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Santiago Villanueva Álvarez. O obxectivo do encontro foi traballar na determinación das parroquias con alto risco de incendios, analizando os datos dos últimos 10 anos, para seren incluídas nas Zonas de Alto Risco do Plan de Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) 2010. Segundo a Lei de Incendios, as Zonas de Alto Risco –que serán aprobadas por