Medio Rural actúa coa máxima responsabilidade para erradicar o nematodo do piñeiro, buscando minimizar os danos económicos


  • A Consellería que dirixe Samuel Juárez asegura que o seu principal obxectivo é parar o foco e permitir, sempre de acordo coa lei, que se manteña a actividade.
  • A Xunta para evitar a paralización da actividade forestal da zona lembra que, a petición dos propios interesados, ampliou dúas veces os prazos para facilitarlles a corta da madeira.
  • Medio Rural procedeu en todo momento coa máxima transparencia e agarda unha boa disposición das autoridades comunitarias para permitir –coas debidas precaucións sanitarias– que a actividade na zona se manteña dende o vindeiro 1 de abril ata o mes de novembro.


Diante das críticas contra a súa xestión para erradicar o nematodo do piñeiro, a Consellería do Medio Rural quere salientar que a súa actuación con respecto a esta doenza guiouse en todo momento polos principios de responsabilidade e transparencia, asumindo como unha prioridade o firme compromiso de minimizar o impacto económico na zona afectada.

A Consellería que dirixe Samuel Juárez quere insiste en que a súa actuación en ningún momento foi “intervencionista”, senón todo o contrario. A Xunta lembra o esforzo feito para facer compatibles os lexítimos intereses económicos do sector coa súa obriga legal de garantir en todo momento a sanidade vexetal.
Neste sentido, recorda que, precisamente para favorecer a valorización da madeira na zona afectada e minimizar as perdas, Medio Rural ofreceu aos propietarios a posibilidade de realizar eles mesmos as cortas, antes de proceder a propia Xunta (tal e como recolle a lei) a realizar estes traballos. Situando despois o produto no mercado a través de poxas públicas que sitúan o prezo mínimo da poxa en 33 euros por metro cúbico.

Nesta mesma liña, Medio Rural ten que insistir en que, a petición dos interesados, ampliouse ata en dúas ocasións (primeiro do 20 ao 30 de xaneiro e logo ata o 4 de febreiro) o prazo establecido legalmente para realizar os traballos de corta da madeira por parte dos propietarios.

Actividade

Polo demais, Medio Rural coincide co sector –tal e como xa sinalou o propio conselleiro Samuel Juárez no Parlamento o pasado día 8– na necesidade de intensificar as medidas fitosanitarias de control do foco para facer posible que, en determinadas condicións, a actividade poida manterse do xeito máis favorable entre o 1 de abril e o mes de novembro.
Neste mesmo sentido, a Xunta insiste en que agarda unha decisión positiva por parte do comité fitosanitario da Unión Europea, que se reunirá o vindeiro día 25, no sentido de permitir estas excepcións.
Custes 

A Xunta lembra ademais que asume unha parte moi importante do custe da erradicación e control do brote, xa que para a Administración Autonómica (para o conxunto dos galegos, en definitiva) o importe do paquete de medidas aplicadas roldará, nunha primeira estimación, os sete millóns de euros.

En canto aos tratamentos sanitarios (obrigatorios pola normativa comunitaria) para tratar a madeira, a Consellería quere recordar que unha madeira tratada vai ter sempre un valor engadido e un mellor prezo no mercado que a non tratada.

Por último, sobre as inspeccións sanitarias que lle corresponde realizar á Xunta, Medio Rural quere salientar que –como Administración responsable que é– fará todas cantas sexan precisas para garantir a sanidade vexetal, algo que, en definitiva, redundará no beneficio do propio sector, xa que o que se persegue é lograr a erradicación definitiva do foco.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera