Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Acordo do Cecop segundo o que se establece a continuidade da obriga de execución da xestión de biomasa prevista na Lei de Incendios

Imagen
RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ao prazo previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril. A xestión da biomasa é a principal medida preventiva que se aplica no territorio galego para actuar sobre a carga de combustible vexetal modificándoa ou removéndoa total ou parcialmente na procura de romper a continuidade horizontal e vertical da biomasa presente nos montes e terreos forestais e, en xeral en todo o solo clasificado como rústico; esa actuación, ademais, permite que, se se producen incendios forestais, non se propaguen de forma incontrolada. Segundo o sinalado no número 1 do artigo 22 de la Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, as persoas que resulten responsables conforme o artigo 21 ter procederá

A Xunta constrúe dous depósitos de auga de alta capacidade e para medios aéreos e reforza outros seis na provincia de Pontevedra

Imagen
O orzamento para construír dous novos puntos de auga nestes dous municipios e mellorar outros seis da provincia de Pontevedra ascende a máis de 235.000 euros Os novos depósitos teñen un 40% máis de capacidade, co fin de preparar as novas infraestruturas para a época de alto risco de incendios forestais Galicia conta a día de hoxe con 5.538 puntos de auga operativos, dos cales 806 son aptos para os medios aéreos A Xunta está a construír e reformar diversos depósitos de auga de alta capacidade para medios aéreos na provincia de Pontevedra. Así, estanse a construír dous novos puntos nos concellos de Nigrán e de Pazos de Borbén, e reformando outros seis por un orzamento de máis de 235.000 euros. Estas actuacións son fundamentais na posta en valor do monte e na mellora da prevención contra os incendios forestais. Así, a construción e mantemento das infraestruturas preventivas de defensa permite mellorar os tempos de reacción do dispositivo de

A Consellería do Medio Rural publica no DOG de hoxe unha “Orde pola que se modifican as bases reguladoras de axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais”.

Imagen
A Consellería do Medio Rural publica no DOG de hoxe unha “Orde pola que se modifican as bases reguladoras de axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais”. ORDE do 1 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR462B).

A Xunta aproba a inscrición de seis proxenitores de piñeiro resistentes ao nematodo no Rexistro galego de materiais de base

Imagen
Ensayos en el Centro de Investigación Forestal de Lourizán para buscar pinos resistentes al nematodo. FONTE :  CampoGalego O obxectivo principal é poder ofrecer semente destas árbores ás persoas provedoras de material forestal de reprodución Está previsto que este material de base tamén se inscriba no Catálogo Nacional de Materiais de Base, dependente do Ministerio de Agricultura, Pesca y alimentación A resolución da Consellería do Medio Rural sae hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a  resolución da Consellería do Medio Rural  pola que se aproba a inscrición no Rexistro galego de materiais de base de seis proxenitores de familia de piñeiro ( Pinus pinaster ) na categoría de material cualificado, debido á súa resistencia ao organismo de corentena nematodo do piñeiro (B ursaphelenchus xylophilus ), así como pola súa aptitude para a produción en volume de madeira. Ademais, está previsto que este material de base t

“Cortar árbores é malo?, se se pensa iso hai que explicar como a madeira resolve problemas”

Imagen
Procesadoras forestales de Maderas Fernández en un Monte en Lalín (Pontevedra). Os debates enquistados sobre eucaliptos, lumes ou ‘limpeza’ do mato constrúen unha imaxe do monte en negativo, con dous mundos enfrontados, o sector forestal por un lado e unha parte da sociedade con preocupacións ecoloxistas polo outro Analizamos con representantes do sector forestal e do ambiental como tender pontes entre monte e ecoloxismo Cando se lle pregunta ós propietarios forestais se o eucalipto é malo, 9 de cada 10 contestan que non. A mesma pregunta, formulada a un público maioritariamente universitario que asistía a un debate científico sobre o eucalipto, deparou o resultado contrario. Máis do 80% consideraba ‘malo’ ó eucalipto. Trátase de dúas visións do monte aparentemente irreconciliables, pero sobre as que é posible tecer unhas bases comúns de entendemento, segundo coinciden representantes do sector forestal e ambiental cos que falamos. “Cortar árbores é malo?. Se s

Modelo de autorización de desprazamento a utilizar polos propietarios forestais

Imagen
A proposta das asociacións do sector, o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) para a pandemia do COVID19 aprobou un documento para os desprazamentos dos propietarios forestais. Deste xeito, os propietarios forestais poden desprazarse ás súas fincas para identificalas e a efectos da compravenda de madeira para asegurar a subministración aos ciclos industriais. Modelo de autorización de desprazamento a utilizar polos propietarios forestais Fonte:  Fearmaga

A Xunta pon en marcha un proxecto tecnolóxico para chegar a difundir en tempo real os datos de cortas de madeira en Galicia

Imagen
Esta información gráfica é o primeiro paso do “Observatorio Forestal” promovido pola Consellería do Medio Rural onde no futuro se irán presentando valores dos volumes de aproveitamento e prezos de adxudicación dos principais produtos forestais en Galicia A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería do Medio Rural están a colaborar no “Observatorio Forestal” que permitirá no futuro difundir en tempo real os datos de corta de madeira na nosa comunidade, entre outra información de interese para o sector. Trátase dunha ferramenta en construción situada na Oficina Virtual de Medio Rural -accesible na web da Consellería- que, unha vez completada, amosará en tempo real as series históricas dos datos das principais producións a aproveitamentos forestais almacenados en rexistros electrónicos administrativos. Deste xeito, cando un cidadán tramite unha declaración responsable ou solicitude de aproveitamento, a gráfica actualizarase automat

Nova documentación sobre prevención e saúde laboral ante o coronavirus no sector forestal

Imagen
Cartel e flyer informativo con recomendacións preventivas no sector FORESTAL sobre: Medidas previas ao comezo da actividade Distancia de seguridade Hixiene e limpeza Medidas organizativas Descargas Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no SECTOR FORESTAL_Cartel Prevención e saúde laboral ante o coronavirus no SECTOR FORESTAL_Flyer FONTE:  Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

O gorgullo, ¿unha ameaza para o eucalipto que está baixo control?

Imagen
Photo by  David Clode  on  Unsplash O sector e a Xunta continúan coas soltas de parasitos, alomenos unha vez ó ano, para frear a expansión da praga por medio da loita biolóxica. Os esforzos céntranse en conseguir unha bioprodución que cubra a demanda e a prezos máis reducidos “O  gurgullo do eucalipto  veu para quedarse. É unha praga coa que temos que convivir”, coinciden en sinalar tanto asociacións forestais como empresas e Administración. A día de hoxe, tamén é bastante unánime a opinión de que a loita biolóxica, mediante a solta do parasito  Anaphes nitens ,foise confirmando como unha vía eficaz para combater o avance do  Gonipterus platensis Marelli , principal praga do eucalipto globulus. “Se se continúa co nivel de soltas dos últimos anos, parece que a praga manterase controlada” (Francisco Dans, director da Asociación Forestal de Galicia)" “As medidas para controlar a praga están moito máis monitorizadas e sistematizadas que hai uns anos e o impacto re