A Industria Forestal é unha actividade esencial. Criterios de aplicación da conselleria de economía, emprego e industria da xunta de galicia do real decreto-lei 10/2020.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria fai públicos os criterios de aplicación do Real Decreto-Lei 10/2020, do 29 de marzo, que regula o permiso retribuido recuperable para as persoas traballadoras por conta allea.
O documento explica que a Industria Forestal é esencial porque provee de bens e materiais necesarios a outras industrias esenciais. E refírese ás seguintes actividades:
Industria da madeira, excepto
mobles. Cestería e espartería
CNAE 1610 – Aserradoiro e cepillado de madeira. CNAE 1621 – Fabricación de chapas e taboleiros de madeira CNAE 1624 – Fabricación de envases e embalaxes de madeira. CNAE 1629 – Fabricación doutros produtos de madeira, artigos de cortiza, cestería e espartería. |
Industria do papel
1711 – Fabricación de pasta papeleira, papel e cartón. 1712 – Fabricación de papel e cartón. 172x – Fabricación de artigos de papel e cartón. |
Actividades de suministro á
industria da madeira e traballos de prevención de incendios
0210 – Silvicultura e outras actividades forestais. 0220 – Explotación da madeira. |
Ante as Forzas e Corpos de Seguridade empresas e traballadores deben acreditar que realizan actividades esenciais, mediante declaración responsable.
Os traballadores por conta propia non están afectados polo RD-Lei 10/2020, poden traballar se a súa actividade non foi suspendida polo estado de alarma.
Lembramos, empresas e traballadores deben aplicar as medidas de protección e seguridade que sexan precisos neste contexto.
Comentarios
Publicar un comentario