A Xunta constrúe dous depósitos de auga de alta capacidade e para medios aéreos e reforza outros seis na provincia de Pontevedra


















O orzamento para construír dous novos puntos de auga nestes dous municipios e mellorar outros seis da provincia de Pontevedra ascende a máis de 235.000 euros
Os novos depósitos teñen un 40% máis de capacidade, co fin de preparar as novas infraestruturas para a época de alto risco de incendios forestais
Galicia conta a día de hoxe con 5.538 puntos de auga operativos, dos cales 806 son aptos para os medios aéreos
A Xunta está a construír e reformar diversos depósitos de auga de alta capacidade para medios aéreos na provincia de Pontevedra. Así, estanse a construír dous novos puntos nos concellos de Nigrán e de Pazos de Borbén, e reformando outros seis por un orzamento de máis de 235.000 euros.

Estas actuacións son fundamentais na posta en valor do monte e na mellora da prevención contra os incendios forestais. Así, a construción e mantemento das infraestruturas preventivas de defensa permite mellorar os tempos de reacción do dispositivo de loita contra incendios mediante unha rede de puntos de auga que posibiliten un acceso rápido e seguro á extinción dos lumes.

Neste senso, a procura da eficiencia da distribución destes puntos de auga determinou a construción de 6 novos puntos de auga de helicóptero de alta capacidade con 492,60 metros cúbicos de auga executados en formigón en varios concellos da provincia de Pontevedra, aos que hai que sumar estes dous novos nas parroquias de Chandebrito (Nigrán) e Amoedo (Pazos de Borbén) que se están a construír.

Deste xeito, nestes 8 depósitos de auga aumentouse a súa capacidade nun 40% sobre os anteriores construídos, preparando as novas infraestruturas para a época de alto risco de incendios forestais. Ademais, esta mellora na rede de infraestruturas forestais fai que as cadencias das descargas das aeronaves sexa menor a 5 minutos sobre unha lonxitude de 3,3 quilómetros, o que minimiza o percorrido dos lumes.

As redes de defensa contra os incendios forestais son claves para minimizar os seus danos ocasionados e resultan imprescindibles para garantir tamén a seguridade do persoal que traballa na extinción dos lumes. Para iso, a Consellería do Medio Rural leva a cabo unha planificación anual para reforzar e acondicionar os distintos puntos de auga e outras infraestruturas de apoio á extinción de incendios, repartidos entre os 19 distritos forestais e que dan cobertura a todo o territorio galego.
No tocante aos puntos de auga, Galicia conta a día de hoxe con 5.538 puntos de auga operativos, dos cales 806 son aptos para os medios aéreos (helicópteros) e os restantes son empregados polas distintas motobombas do servizo. Falamos de depósitos de auga cunha capacidade que oscila entre os 30 e os 492 metros cúbicos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera