Entradas

Mostrando entradas de 2023

A Asociación Forestal de Galicia propón que a reforma da Lei de montes veciñais en man común reforce a imprescriptibilidade dos terreos veciñais

Imagen
  A Asociación Forestal de Galicia presentou este mes ante o Consello Forestal as súas achegas ao Borrador do Libro Branco sobre a reforma da regulación dos montes veciñais en man común (MVMC) de Galicia, que pretende servir de guía para enmarcar a realidade dos montes veciñais antes de lexislar sobre el. No documento entregado, recóllense as inquedanzas transmitidas polas comunidades de montes veciñais en man común asociadas á Asociación Forestal de Galicia ao longo do xa longo percorrido de traballo con elas e, concretamente, as recollidas logo das reunións celebradas no Valadouro (Lugo), Dodro (A Coruña) e Ponteareas (Pontevedra), con motivo do inicio dos traballos para a modificación da Lei 13/1989 de montes veciñais en man común. Imprescritibilidade dos montes veciñais en man común Considérase necesario reforzar a imprescritibilidade dos montes veciñais en man común, logo dos posicionamentos públicos a raíz dos litixios por ocupacións de terreos veciñais por casas, naves industria

O Catastro actualizarase con información facilitada pola Consellería do Medio Rural

Imagen
A Dirección Xeral do Catastro asinou en xullo de 2023 un convenio coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia mediante o que se establece un marco xeral de colaboración para facilitar o intercambio de información e a modificación e actualización dos datos do Catastro cos datos de investigación de titularidade da AGADER e a exactitude dos límites e superficie das parcelas obxecto dos diferentes procedementos administrativos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Sobre todo a información relativa aos procesos de investigación da titularidade dos bens inmobles existentes en solo rústico ou de núcleo rural, da revisión xeométrica e topográfica de parcelas, así como dos procedementos e instrumentos de mobilización e recuperación de terras levados a cabo pola Consellería do Medio Rural. No marco deste convenio está previsto que se creen, cando menos, seis grupos de traballo relativos a outros tantos temas: Investigación da titularidade Aproveitamentos forestais Mon

O comercio do CO2 desde o punto de vista da xestión forestal

Imagen
  Daniel Rodríguez Cebreiro Responsable da unidade de proxectos de carbono da Asociación Forestal de Galicia   Aínda que sexa probable que, nun prazo non moi afastado, se poidan abrir outras vías alternativas para a comercialización de dereitos de absorción de CO 2 , de momento a única forma operativa de facelo en España é a través do Rexistro da Oficina do Cambio Climático, adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITERD). Para poder inscribir un determinado proxecto como proxecto de absorción, é necesario que as superficies onde se vaian realizar as actuacións de restauración ou reforestación conten cunha extensión mínima de 1 hectárea en coto redondo e respondan a un destes dous requisitos: Que esas superficies se atopen rasas, fracción de cabida cuberta en madurez inferior ao 20 %, desde o 1 de xaneiro de 1990 no momento en que se inicia o proxecto de restauración ou reforestación; ou ben Que esas superficies estivesen arborizadas e se viran afectada

Programas de compensación de CO2: AFG-GALICIA REXENERA

Imagen
  Compensa el CO2 emitido  financiando proyectos de regeneración forestal en Galicia Anualmente, la Asociación Forestal de Galicia establece los diferentes criterios de prioridad que se considerarán a la hora de afrontar la restauración de aquellos terrenos que se han identificado como degradados, promoviendo que sus propietarios afronten la ejecución de los proyectos de restauración que sean necesarios.   En muchos de esos casos, a la hora de afrontar la restauración de esos terrenos degradados, se hizo necesario proponer la concatenación de diferentes proyectos para ser desarrollados de forma progresiva a lo largo del tiempo. El objetivo era garantizar la sostenibilidad económica de esos proyectos, teniendo en cuenta que los mismos no deben ceñirse sólo a la actuación inicial, una repoblación o trabajos de regeneración natural, sino que se hace necesario que contemplen todas las actuaciones silvícolas necesarias para que las masas instaladas en esos terrenos lleguen a adultas. IN

Grupo de Certificación Selga Xestión Forestal Sostible

Imagen
                          A certificación forestal é un proceso voluntario polo cal un terceiro, independente á xestión e a través dun proceso de auditoría, certifica que a xestión dunha determinada superficie forestal axústase aos requisitos establecidos na normas ou estándares de certificación que correspondan. No mundo existen varios sistemas de certificación forestal sendo os os máis representativos son o Sistema PEFCTM e o Sistema FSC®. O sistema de certificación forestal PEFC, na súa modalidade de grupo, baséase na certificación de unidades de xestión nas que os seus propietarios ou xestores comprometéronse, de forma activa e voluntaria, a cumprir normas de xestión forestal sostible do Sistema PEFCTM. Pola súa parte, el Forest Stewardship Council® (FSC®-C118460) desenvolveu unha serie de principios e criterios que, no caso de ser cumpridos, garanten o nivel mínimo que se pode esixir para a xestión forestal en calquera lugar do mundo.   Dado que unha xestión forestal sostible

SELGA-Compañía Galega de Silvicultores.

Imagen
  De acordo coa demanda xeneralizada dos membros da Asociación Forestal de Galicia , a finais do ano 2002 a Asociación, co apoio do proxecto Eurosilvasur, creou a empresa de servizos SELGA, Compañía Galega de Silvicultores, S.L ., dedicada á realización de traballos silvícolas e á prestación de servizos de enxeñería forestal. A empresa SELGA , propiedade de todos os socios da AFG ten unha dedicación moi especial ao comercio da madeira e ao desenvolvemento de enerxías renovables asociadas ao monte Realización de traballos silvícolas e prestación de servizos de enxeñería forestal. A xestión de montes, de particulares e veciñais, e a supervisión e dirección dos traballos nos montes por encargo dos socios. A elaboración de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes. A certificación forestal a través de SELGA Xestión Forestal Sostible que prepara e xestiona a obtención da certificación da xestión forestal baixo os dous sistemas internacionais: PEFC e FSC. A elaboración d

Asociación Forestal de Galicia- Asóciate!!

Imagen
  A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA (en adiante, AFG) é unha asociación privada sen ánimo de lucro, creada en Santiago de Compostela en 1986. Agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes en man común de Galicia. Asóciate!!   O equipo técnico e administrativo da AFG ocúpase de prestarlle aos silvicultores os servizos necesarios para facer unha boa xestión do monte. Entre os servizos máis demandados polos socios destacan: asesoramento e asistencia técnica en materia forestal, xestión de montes veciñais e de montes particulares, asesoramento en procedementos xurídicos e administrativos no ámbito forestal, asesoramento en fiscalidade forestal, xestión da venda da madeira, organización de poxas, realización de informes técnicos e peritacións, tramitación de axudas públicas e asistencia técnica para a constitución de agrupacións forestais e proxectos I+D+i Fins da AFG Agrupar aos propietarios e titulares de predios forestais en Galicia. Representar aos seus membros an