Axudas para a recuperación do potencial forestal (dos danos do Ciclón Klaus) para o ano 2010

O DOG publicou onte 08/01/2010 a orde pola que se convocan as axudas para a recuperación do potencial forestal para o ano 2010 .O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir de hoxe, día seguinte á publicación desta norma, é decir ata o 9 de febreiro. O importe total destas axudas ascende a 800.000 euros coa posibilidade de incrementalo mediante fondos comunitarios, estatais e autonómicos






O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para a recuperación do potencial forestal. O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a estas axudas é de un mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta norma. O Fondo Galego de Garantía Agraria é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivo a recuperación das masas forestais danadas polo temporal Klaus durante o ano 2009; mediante a corta e retirada da madeira prexudicada. Os beneficiarios destas axudas son todos aqueles propietarios particulares, comunidades de montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios e concellos con montes que posúan masas danadas por este temporal. Investimentos por actuaciónEn canto a actuacións, levaranse a cabo a restauración de masas de coníferas e masas de eucalipto. O valor máximo do investimento por hectárea de actuación é de 1.853 €/ha no caso de plantación de coníferas e de 2.398 €/ha no caso de especies frondosas. Este importe verase incrementado cando se proceda á retirada de tocos arrancados, en 618 €/ha. No caso de que sexan especies de xénero Eucalyptus, o valor incrementarase en 950 €/ha. O importe total destas axudas ascende á 800.000 euros e poderá ser incrementado con fondos comunitarios, do Estado ou da Comunidade Autónoma.


Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera