Axudas para o fomento da silvicultura no exercicio 2010

O DOG publica hoxe a orde de Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da silvicultura no exercicio 2010

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir de mañá, día seguinte á publicación desta norma

Santiago, 05/01/2010

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura. O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a estas axudas é de un mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta norma.

Os beneficiarios destas axudas poden ser desde os propietarios particulares ata as comunidades de montes veciñais en man común, pasando polas agrupacións de propietarios, cooperativas agrarias e entidades locais, entre outros.

Tratamentos silvícolas

As actuacións que poden ser obxecto destas axudas son os rareos, trituración de restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa, podas, rexeneración e outros tratamentos silvícolas que se detallan na propia Orde, que tamén establece as superficies forestais mínimas e máximas para solicitalas.

As accións previstas financiaranse nos exercicios de 2010 e 2011 cun total de 6 millóns de euros, dos cales 2 corresponden ao presente ano e os 4 restantes ao vindeiro.

PARA MAIS INFORMACIÓN EMPREGAR CALQUERA DAS VÍAS DE CONTACTO

Fuente: www.mediorural.xunta.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera