Medio Rural e as universidades colaboran na creación dunha figura de xestión forestal conxunta viable


Os directores xerais de Montes e do FEUGA mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo para avanzar na procura da mellor alternativa para Galicia de acordo coa normativa vixente

O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo co director xeral da Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro Pérez, para avanzar na creación dunha figura societaria que permita a posta en marcha de explotacións forestais conxuntas economicamente viables. O encontro enmárcase na liña de colaboración establecida entre a Consellería do Medio Rural e a Universidade, segundo a que Feuga se encarga da procura da figura máis axeitada de acordo coas necesidades e indicacións transmitidas desde a Xunta.

A iniciativa forma parte dunha das principais liñas de traballo que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural. Así, na xuntanza mantida hoxe, a Dirección Xeral de Montes e o FEUGA avanzaron na definición dunha figura adaptada á actual normativa e que mesmo sirva para mellorar a aplicación en Galicia da lexislación vixente, incluíndo os aspectos fiscais.

A relevancia da nova figura radica no pulo que suporá para as agrupacións de propietarios co obxectivo de facelas máis viables e posibilitando a súa autonomía real respecto das administración públicas

Fonte: Conselleria do Medio Rural

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera