Produtores de eucalipto deciden prorrogar o seu boicoteo á venda en protesta polos baixos prezos
A federación Promagal, que agrupa a asociacións de produtores de madeira do norte de Galicia, decidiu prorrogar a paralización de tallas de eucalipto un mes máis, á espera de que se recuperen os prezos. Fixaron unha cotización mínima de 33,1 euros a tonelada de tronco con casca, e de 38,45 euros de tronco pelado. ofreceron aos grandes operadores a firma dun acordo marco, sobre a base desta cotización mínima. Segundo explicou a presidenta e portavoz de Promagal, iso garante aos produtores un prezo mínimo e aos grandes intermediarios unha garantía dunha produción determinada. Promagal estableceu tales prezos mínimos tras analizar a cotización da tonelada de pasta de papel a nivel europeo, que observou un incremento do 50,4 euros no último mes. A federación fixou tamén o prezo mínimo do piñeiro, nas especies pinaster ou radiata, entre 13 e 16 euros a tonelada, ou 26/32 en rolla. Se a pasta ten un incremento, Promagal elevará os prezos na mesma proporción. Rañal explicou que manteñen con