Produtores de eucalipto deciden prorrogar o seu boicoteo á venda en protesta polos baixos prezos
A federación Promagal, que agrupa a asociacións de produtores de madeira do norte de Galicia, decidiu prorrogar a paralización de tallas de eucalipto un mes máis, á espera de que se recuperen os prezos. Fixaron unha cotización mínima de 33,1 euros a tonelada de tronco con casca, e de 38,45 euros de tronco pelado. ofreceron aos grandes operadores a firma dun acordo marco, sobre a base desta cotización mínima. Segundo explicou a presidenta e portavoz de Promagal, iso garante aos produtores un prezo mínimo e aos grandes intermediarios unha garantía dunha produción determinada.
Promagal estableceu tales prezos mínimos tras analizar a cotización da tonelada de pasta de papel a nivel europeo, que observou un incremento do 50,4 euros no último mes. A federación fixou tamén o prezo mínimo do piñeiro, nas especies pinaster ou radiata, entre 13 e 16 euros a tonelada, ou 26/32 en rolla.
Se a pasta ten un incremento, Promagal elevará os prezos na mesma proporción. Rañal explicou que manteñen contactos con, polo menos, seis grandes intermediarios do sector que abastecen ás principais factorías papeleiras de España e Portugal. ás pasteiras de Portucel, no país veciño, que se converteu nunha empresa líder no sector en Europa, vai destinado parte do eucalipto que se talla nos bosques situados entre Ferrol e Asturias.
Fuente: www.lavozdegalicia.es
Comentarios
Publicar un comentario