O documento indica, entre outros aspectos, que o lume prendeu en tres focos distintos e cunha ignición simple, o que apunta a súa intencionalidade A Consellería do Medio Rural remitirá este mesmo luns o informe interno sobre o lume forestal de Fornelos de Montes no que faleceron dous operarios de Seaga ao xulgado encargado da súa investigación. O informe foi redactado ao longo das últimas horas por técnicos do propio SDCIF (Servizo de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia), en base ás investigacións dos propios técnicos e das testemuñas dos compañeiros dos falecidos. O anuncio da remisión do informe ao xulgado realizouna esta tarde na Delegación da Xunta en Pontevedra o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, quen compareceu en rolda de prensa acompañado polo titular de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto. Canda eles atopábanse tamén os delegados territoriais da Xunta en Vigo, Lucía Mo...
Comentarios
Publicar un comentario