Parque forestal de Pontillón do Castro
O proxecto do Parque forestal do Pontillón do Castro busca a restauración ambiental de todo o contorno do encoro coa prantación de caducifolias que servirán de barreiras cortalumes naturais. Tamén está previsto o aconcionamento dun sendeiro de preto de 3 kilómetros de longo reconstruíndo partes así coma unha ponte. Se habilitará unha praia natural existente nun remanso do encoro e instalaranse postos de pesca para faciliar unha práctica xa habitual neste encoro. O proxecto se extende co acondicionamento do Outeiro do Castro.
Hai que recordar que a recente creación do Complexo deportivo do Pontillón do Castro constitúe un importante logro para o desenvolvemento do deporte de elite en Pontevedra. Máis alá de garantir a continuidade da canteira de grandes campións na que Pontevedra é unha referencia, este centro abre enormes posibilidades para o desenvolvemento de actividades lúdicas e de deporte de base, así como as relacionadas coa natureza, que deben ser aproveitadas.
Por outra banda, a vaga de lumes do verán de 2006 produciu innumerables perdas de valor ambiental e económico que supuxeron unha verdadeira catástrofe no noso municipio. A Concellaría de Montes, baixo a supervisión do edil Miguel Vázquez Plaza, ten o propósito de mellorar os espazos verdes municipais e propón unha serie de actuacións no ámbito do contorno do encoro do Pontillón do Castro dirixidas á creación dun parque forestal.
Dende a vaga de lumes, esta Concellaría de Montes vénse manifestando como unha institución pioneira na posta en marcha de iniciativas que permitan evitar situacións como esta no futuro. O Plan Monte Vivo, no que se inscribe esta obra, é un programa de actuacións de carácter plurianual, que abarca dende a restauración ambiental, hidrolóxica, e paisaxística ata o impulso produtivo do terreo forestal. Do mesmo xeito, inclúe a implementación de medidas de carácter educativo e didáctico, destinadas ao recoñecemento social do noso monte como unha das principais riquezas que posúe o municipio.
RESTURACIÓN AMBIENTAL
O obxectivo é restaurar ambiental e paisaxisticamente un dos máis valiosos espazos naturais de Pontevedra. Dado que creación do parque ten como finalidade establecer as bases que van posibilitar o desenvolvemento dun gran complexo de lecer e deporte na natureza en Pontevedra, é de vital importancia a coordinación da Consellería de Cultura e Deporte, xestora do Complexo Deportivo. Con esta finalidade mantivéronse diferentes reunións de carácter técnico que axudaron á definición das solucións propostas.
O proxecto propón a creación de faixas de frondosas caducifolias que constituirán unha axeitada protección hidrolóxica do encoro e dos regatos que o alimentan, garantindo a calidade das súas augas. Do mesmo xeito, as frondosas caducifolias, constitúen unha efectiva barreira cortalumes que rompe a perigosa continuidade de especies pirófitas arbóreas e arbustivas que rodean o Pontillón do Castro.
CAMIÑO DE 3 KILÓMETROS
Os sendeiros deben ter un carácter natural, ondulado e adaptaránse ao terreo sempre que se poida. Pode estar delimitado por unha masa arbórea de medida ladeira e ir buscando vistas do parque ou dun conxunto máis amplo.
Na actualidade existe un camiño dunha anchura duns 4,5 meros e de 2.300 metros de lonxitude que bordea o encoro e precisa dunha mellora no seu pavimento de xabre. Está previsto o seu acondicionamento cun crecido de capa de xabre, e obras de drenaxe transversal.
Ademais, propónse a creación dun novo camiño de 3,5 metros de ancho e 500 metros de lonxitude na cabeceira do encoro. Este camiño vai posibilitar pechar o percorrido arredor do encoro, que na actualidade non é transitable.
Asemade, as riadas acontecidas fai dous anos causaron unha grave desfeita na metade da estrutura dunha ponte de pedra, situada na cabeceira norte do encoro do Pontillón. A súa reconstrucción farase con materiais propios dos elementos construtivos do contorno como é a pedra do país.
As características hidráulicas do río tivéronse en conta á hora de formular a reparación da ponte. Inclúese unha partida de limpeza do leito do río no contorno da ponte, xa que actualmente a sección do leito do río esta minguada por unha acumulación de pedras e restos vexetais.
PRAIA FLUVIAL
A existencia dunha praia no encoro, permitirá a súa utilización como zona de goce na temporada estival, así como a creación dun espazo de grandes posibilidades, durante todo o ano, para o desenvolvemento de actividades lúdicas e deportivas relacionadas coa auga: piragüísmo, kaiak polo, windsurf... A praia estará situada na zona leste do encoro. Para elección deste emprazamento realizouse un estudio batimérico da ribeira, escollendo a zona co perfil máis axeitado. Así mesmo, outro dato que aportou o estudio é que esta zona ten unha base suficientemente sólida para soportar a achega directa de area sen necesidade doutros traballos previos.
A praia terá uns 100 metros de longo e unha superficie de 3.500 metros cuadrados, para a súa creación achegarase area lavada de río na cantidade necesaria. Tamén se procederá á colocación de rocallas e equiparase cunha torre de vixilancia, instalación de duchas e unha fonte.
A roza é precisa para reducir a competencia que certa vexetación como xestas, toxos ou silvas exercen por auga, nutrientes e luz coas plantas a introducir, e tamén para dispor dun espazo adecuado para a posterior preparación do terreo.
A plantación farase empregando planta en cepellón, en período de parada vexetativa en xeral de novembro a marzo inclusive. As especies serán frondosas caducifolias, a súa prantación realizarse buscando a variedade cromática e un maior esplendor na estación de outono: Liquidambar, acer...
Con carácter previo farase un despedregado da zona, un fresado e un rastrillado, e aportarase terra vexetal e area. Realizarase no contorno da praia fluvial para unha mellora tanto de vexetación como de paisaxe.
PUNTOS DE PESCA
A pesca da troita é outra das actividades que se ven desenvolvendo con éxito, dende fai xa anos, no Pontillón. Achega un importante valor deportivo e mesmo cultural a este espazo. Contémplase a colocación de tres postos de pesca para a práctica desta actividade no encoro. A súa situación decidiuse conforme a criterios de separación de seguridade da pista de piragüísmo, así como, da topografía dos perfís da ribeira do encoro.
Toda a actuación irá acompañada da instalación de mesas e bancos de madeira, aparcadoiros de bicicletas en aceiro, cubrecolectores para catro elementos, carteis informativos e de sinalización. Na zona exterior da praia incorpóranse xogos infantís.
ÁREA RECREATIVA DO OUTEIRO DO CASTRO
Na actualidade existe unha pista de acceso ao Outeiro do Castro duns 4,5 metros de ancho e 2.300 metros que precisa mellora de pavimento de xabre, cun crecido e obras de drenaxe transversal.
Asemade, existe no Outeiro do Castro dúas explanadas que se empregan como aparcadoiros, para acondicionalas farase unha plantación de carballos polo seu perímetro. A mellora do pavimento consistirá nun crecido con unha carpa uniforme de xabre, incluíndo tapado de fochas.
Na explanada empregada para múltiples usos, mellorarase o pavimento e para a restauración paisaxística recuperarase o noiro que carece de vexetación e de terra.
A explanada é a primeira zona para a chegada e aparcadoiro dos visitantes do parque. É preciso para a súa mellora facer un muro que estabilice o noiro e unha varanda de seguridade. Neste mesmo espazo sitúase un aparcadoiro de bicicletas e cubrecolectores.
A roza será precisa para reducir a competencia que certa vexetación como toxos ou silvas e a prantación farase con pranta en cepellón, e as especies que se empregarán maioritariamente son especies caducifolias. A súa prantación realizarase en mestura buscando a variedade cromática e un maior esplendor na estación de outono.
Na ladeira de orientacion norte, levarase a cabo unha repobobación e unha prantación. A repoboación vai situada na parte máis alonxada da zona recreativa e farase con carballo e castiñeiro. Nas zonas próximas ao parque e á zona multiusos empregaranse prantas de maior envergadura, e prantarase configurando bosquetes por especie: carballo, castiñeiro, piñeiro manso, carballo americano, bidueiro, freixo; ou da combinación de especies freixo e serbal, bidueiro e cereixeira.
Dentro do recinto do parque prantaranse arbores de porte, colocaránse formando parte do conxunto de xogos, mesas e bancos.
A intervención completarase coa instalación de aparcadoiros de bicicletas, e cubrecontenedores; carteis de sinalización e informativos, e unha zona infantil, ademais de alumeado.
Fonte: www.concellopontevedra.es
Comentarios
Publicar un comentario