Montes e a Mancomunidade de Pontevedra colaborarán na mellora da xestión do monte
Representantes da entidade comunal presentáronlle
ao director xeral as súas propostas onte en Santiago
O director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, reuniuse esta onte en Santiago con representantes da Mancomunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Pontevedra, para abordar a necesidade de avanzar na mellora da xestión do monte. Neste sentido, o presidente da Mancomunidade, Juan José González Crespo, solicitoulle ao director xeral a colaboración da Xunta para elaborar un proxecto de ordenación de usos nos terreos da mancomunidade.
Na xuntanza tamén se tratou a problemática xerada polo gando que non dispón de autorización e que produce danos en plantacións feitas para restaurar os danos dos incendios de 2006. O director xeral comprometeuse a estudar as propostas presentadas pola Mancomunidade.
A Mancomunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Pontevedra agrupa 12 montes con máis de 1.000 hectáreas de superficie.
Fonte: http://mediorural.xunta.es/
Comentarios
Publicar un comentario