Medio Rural volverá dar desde mañá permisos para facer queimas a partir do próximo sábado, día 8 de maio


 A realización destas tarefas segue prohibida ata entón
 polas condicións meteorolóxicas adversas, con forte vento do nordés

A Consellería do Medio Rural volverá dar desde mañá xoves permisos para facer queimas, que só se poderán levar a cabo a partir do próximo sábado, día 8 de maio, cando se prevé que as condicións meteorolóxicas sexan favorables para a realización destas tarefas de xeito seguro e controlado.

Diante das previsións de forte vento do nordés para toda esta semana, Medio Rural decidiu, como medida preventiva, prohibir a realización de queimas dende o pasado luns día 3 e ata novo aviso.

Solicitudes

Xa que logo, a partir de mañá poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas de restos agrícolas e forestais a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril , de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados para facelo poderán cumprir coa esixencia de comunicación previa, así coma solicitar a autorización preceptiva en caso de queima de restos forestais.

Fonte: http://mediorural.xunta.es/

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera