Xunta e industria forestal analizan as necesidades do sector
O director xeral de Montes mantivo unha xuntanza con responsables de Fearmaga e Monte-Industria para avanzar no deseño de liñas de acción para esta lexislatura O director xeral de Montes da Consellería do Medio Rural, Tomás Fernández-Couto Juanas , mantivo esta mañá unha reunión de traballo co director da Asociación Galega Monte-Industria, Juan Picos, e a secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga), Ana Oróns , para analizar as necesidades da industria forestal. O obxectivo desta xuntanza é avanzar no deseño de liñas de acción para garantir a calidade da produción galega de madeira. Neste sentido, abordouse a urxencia de potenciar a certificación forestal dos montes galegos e incrementar a superficie certificada, que co anterior Goberno se viu diminuída, para recuperar o liderado que tiña Galicia nesta cuestión. Fernández-Couto asegurou que o incremento da certificación forestal é un dos obxectivos prioritarios da Consell