Axudas Fomento da primeira forestación de terras non agrícolas
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas
para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á
súa convocatoria para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva.
Liñas de axudas.
1. As axudas obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies
do anexo I desta orde (coníferas).
b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies
do anexo II desta orde (frondosas).
Tipos de superficies obxecto de axuda.
1. Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que
estean identificados no Sistema de identificación xeográfica de parcelas
agrícolas (Sixpac) como:
– Forestal (FO).
– Pasto con arboredo (PA).
– Pasto arbustivo (PR).
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto
1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o Sistema de información
xeográfica de parcelas agrícolas en todo caso, e no establecido na Lei 7/2012,
do 28 de xuño, de montes de Galicia e a normativa de desenvolvemento.
3. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación
máis a superficie da área de defensa.
4. Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos
como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992,
relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.
5. A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben
admitir as actuacións polas cales se solicita axuda.
A quen vai dirixido?
Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares
dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como
arrendatarios ou xestores, sen que se admita a cesión por parte do propietario
do terreo a un terceiro.
Obrigas.
1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar
toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da
Consellería do Medio Rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o
Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control
comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do
destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ou ben un
código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas
solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento
efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.
2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a
Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas
á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos
exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións
establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.
3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan
valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá
comunicalo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo, de conformidade
coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de
Galicia.
4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago
serán comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, co obxecto de contar coa súa autorización previa, de
conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de
Santiago.
5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do
interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do Programa de
desenvolvemento rural para consultar a información necesaria para poder
realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co
cumprimento dos obxectivos e prioridades.
6. Durante cinco anos, contados a partir da data de remate dos
traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación
de competencia e a reposición de marras e, no caso de que o estado da
forestación o requira:
a) Podas de formación e de calidade.
b) Fertilización cando o estado da planta o demande.
c) Mantemento das infraestruturas da forestación.
Requisitos
- Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as
sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma
individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares
formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de
Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas,
abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades
locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man
común (en diante CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1 do artigo 5 desta
orde.
- Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos
10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente
inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57
do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a
execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común,
para poderen acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde o día en que
remate o prazo de presentación da solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter
presentadas as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos no prazo
establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se
regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora
e protección forestal.
- As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de
Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de
solicitude da axuda.
- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da
categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº
702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas
categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais
compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado
de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre
polo menos unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando
desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia
das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas
acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan
considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo
negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen
unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese
polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na
súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou
insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a
un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán
empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes
deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise
conforme a normativa comunitaria.
- Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a
unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña
declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Normativa
Ámbito Autonómico
Ámbito Europeo
Comentarios
Publicar un comentario