O Pladiga 2018 reforzará a súa estratexia na loita contra os lumes
Como melloras tecnolóxicas, a conselleira citou a dotación
de 34 novas cámaras de vixilancia dos espazos forestais e a incorporación dun
helicóptero que transmitirá imaxes e vídeo en tempo real, xeorreferenciadas. No
eido da sensibilización, referiuse aos convenios de colaboración que se
asinarán con cazadores e radioafeccionados para reforzar a vixilancia e alerta
de incendios. Facilitou, así mesmo, as grandes cifras do dispositivo, que é idéntico
ao do pasado ano, con máis de 7.000 efectivos en tempada de alto risco—que este
ano se prolongará ata finais de outubro—, unha trintena de medios aéreos e 360
motobombas, entre outros medios de vixilancia, disuasión e extinción.
A extratexia segue a centrarse na extinción.
Cando a mellor forma de extingir un lume radica na prevención.
Pladiga 2018
Memoria (2.2 Mb)Anexos (6.2 Mb)
Planos (79 Mb)
Fonte: http://mediorural.xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario