Instrumentos de ordenación ou de xestión forestal. Certificación forestal
Instrumentos de ordenación ou de xestión forestal
Baixo esta denominación inclúense os proxectos de ordenación de montes, os documentos simples de xestión, os documentos compartidos de xestión e outras figuras equivalentes como os modelos silvícolas que serven para facer unha planificación da xestión sustentable, co fin de que sexa socialmente beneficiosa, economicamente viable e ambientalmente responsable, de acordo co establecido no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Exemplo Plano Estratos Forestais .
Exemplo Plano Estratos Forestais .
- Tipos de instrumentos e tramitación
- Adhesión a modelos silvícolas o de gestión forestal sostenible
- Rexistro de montes ordenados
Os principais obxectivos que se perseguiron coa creación do grupo de certificación SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE son os seguintes:
1 | Promover a Xestión Forestal Sostible, garantindo ás xeracións presentes e futuras o uso e goce dos nosos bosques |
2 | Elaborar os documentos e informes necesarios que permitan a avaliación dos criterios de xestión forestal sostible que non se poden avaliar a escala da propiedade individual |
3 | Ofrecer a posibilidade de participar na certificación aos propietarios e xestores galegos e, en particular, aso socios da Asociación Forestal de Galicia e membros da Mancomunidade de Produtores de Biomasa do Sur de Galicia. |
4 | Minimizar os custos de control dos adscritos garantindo a viabilidade económico do proceso de certificación |
5 | Establecer unha ferramenta de mercado que acerque a madeira ao consumidor |
Comentarios
Publicar un comentario