O DOG publica a admisión a trámite de 12 anteproxectos para a instalación de plantas de biomasa
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de admisión a trámite dos 12 anteproxectos prelacionados ao abeiro da orde de 14 de novembro de 2008 para a instalación de centrais de biomasa. A preselección destes proxectos, en base a criterios estritamente técnicos establecidos polo bipartito, non implica a súa autorización, posto que esta resolución implica unha longa tramitación administrativa que non garante, en absoluto, que se acade a concesión da autorización administrativa para a súa posta en marcha, para a que se terán en conta unha serie de requisitos técnicos, medioambientais e urbanísticos imprescindibles. A proposta de preselección de centrais de biomasa elaborada pola Dirección Xeral de Montes empregou como criterios de valoración os establecidos no decreto 149/2008 de 26 de xuño da anterior Administración, establecendo a seguinte repartición en porcentaxes: proximidade e centralidade ás áreas de produción de biomasa (30%), comunicación e accesibilidade (30%), sist