O DOG publica a admisión a trámite de 12 anteproxectos para a instalación de plantas de biomasa

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de admisión a trámite dos 12 anteproxectos prelacionados ao abeiro da orde de 14 de novembro de 2008 para a instalación de centrais de biomasa. A preselección destes proxectos, en base a criterios estritamente técnicos establecidos polo bipartito, non implica a súa autorización, posto que esta resolución implica unha longa tramitación administrativa que non garante, en absoluto, que se acade a concesión da autorización administrativa para a súa posta en marcha, para a que se terán en conta unha serie de requisitos técnicos, medioambientais e urbanísticos imprescindibles.

A proposta de preselección de centrais de biomasa elaborada pola Dirección Xeral de Montes empregou como criterios de valoración os establecidos no decreto 149/2008 de 26 de xuño da anterior Administración, establecendo a seguinte repartición en porcentaxes: proximidade e centralidade ás áreas de produción de biomasa (30%), comunicación e accesibilidade (30%), sistema de control de procedencia a rastrexibilidade (10%), impacto socioeconómico (20%) e participación de produtoras de biomasa forestal primaria (10%).

Deste xeito, e distribuídas todas as solicitudes presentadas tendo en conta sete áreas de xestión da biomasa, e de acordo coa máis estrita legalidade, o seu efecto positivo para loitar contra os lumes forestais e co obxectivo de acadar os 80 MW establecidos pola orde na que se basea a resolución aprobouse a admisión a trámite de 12 anteproxectos de centrais de biomasa.

Os anteproxectos seleccionados en base aos criterios técnicos empregados e recollidos polo anterior Goberno, son os de Enel Unión Fenosa Renovables en Mazaricos e Renova, Generación de Energías Renovables SL en Curtis, ambos na provincia da Coruña; os de Gestamp Biomasa 4 SL en Viveiro, Xeración Rural SL en Vilalba, Enerxías Renovables de Galicia SA en Cervantes e o de Norvento Biomasa SL na Pobra de Brollón, na provincia de Lugo; os de Norvento Biomasa SL en Verín, o de Enerxías Renovables de Galicia SA na Veiga, e o de Cespa, Compañía Española de Servicios Auxiliares en Ribadavia, na provincia de Ourense; e os do Grupo Empresarial Ence SA en Pontevedra, o de Enerxías Renovables de Galicia SA en Forcarei, e o de Enerxía Galega de Biomasa SL en Ponteareas, na provincia de Pontevedra. As potencias en MW establecidas oscilan entre os 10 MW e os 0,984 MW.

A preselección destes proxectos, entre eles o de Ence en Pontevedra, en base a criterios estritamente técnicos, non implica a súa autorización, posto que a Consellería de Economía e Industria unicamente ditou unha resolución na que se admiten a trámite, no marco dun concurso público, unhas plantas de biomasa en base a criterios establecidos polo bipartito.

Esta resolución implica unha longa tramitación administrativa que non garante, en absoluto, que se acade a concesión da autorización administrativa para a súa posta en marcha, para a que se terán en conta unha serie de requisitos técnicos, medioambientais e urbanísticos imprescindibles.

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA FRACCIÓN DE CABIDA CUBIERTA

Tablas de precios orientativos de la madera