Orde do 28 de maio de 2010 pola que se determina a época de perigo alto de incendios



O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios forestais en Galicia e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.

As análises espacio-temporais dos lumes forestais en Galicia nos últimos vinte anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria e, polo tanto, débense considerar como épocas de perigo alto de incendios:

-Unha época fixa no período estival, que se corresponde normalmente coa campaña de incendios, durante os meses de xullo, agosto e setembro.

-Unha época variable, cunha duración aproximada dun mes, que oscila normalmente entre os meses de febreiro, marzo e abril.

Nestas épocas o despregamento de medios de extinción e alerta deberá ser máximo, en función dos índices de risco.

A ampliación como período de perigo alto da época fixa no período estival, así como a declaración como perigo alto da época variable, requiren de mecanismos áxiles e eficaces que permitan dar a coñecer estas circunstancias de modo inmediato aos medios implicados nos traballos de prevención e defensa contra incendios forestais, xa que os índices de risco de incendios e as predicións meteorolóxicas de que se dispón na actualidade só permiten facer previsión fiables como máximo a tres días. Por isto, procede establecer un medio dotado de maior celeridade que permita o coñecemento xeral e a adecuada publicidade da previsión de novos períodos para ofrecer maior seguridade e garantías aos cidadáns.

Con base no exposto, e ao abeiro do establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo único.-Época de perigo alto de incendios.

Decláranse como época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2010 as datas comprendidas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Mais Información: DOG xoves, 3 de xuño de 2010

Comentarios

Entradas populares de este blog

Tablas de precios orientativos de la madera

Documentacion y Legislación